|
Produtores convocados por Gandeiros Unidos concentranse ante a fábrica de Leite Río en O Ceao |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
martes, 22 de diciembre de 2009 |
 Fábrica de Leite Río A organización Gandeiros Unidos (GG.UU) convocou unha concentración fronte á fábrica que o Grupo Leite Río ten no polígono industrial de O Ceao, en Lugo capital. Un dos voceiros do colectivo nesta provincia, Manuel Iglesia Iglesia, confirmou que o obxectivo da protesta é denunciar que esta empresa “é a que menos está pagando” de todas as que recollen o leite no territorio lucense.
Segundo Iglesia, a concentración comeza ás once e media da mañá, fronte á fábrica ‘Ceao I’ –el grupo empresarial ten dúas factorías no mesmo polígono industrial-. En principio, espérase a participación dun número considerable de gandeiros da provincia de Lugo, aínda que tamén haberá produtores da “Coruña e Pontevedra”, precisou. O voceiro da organización subliñou que a súa intención non é causar problemas nin protagonizar incidentes violentos, senón informar a opinión pública do que está acontecendo e intentar que os reciba o propietario do grupo, o empresario lucense Jesús Lence. “Será unha concentración pacífica”, dixo Iglesia, porque os manifestantes son “gandeiros” cuxa única intención é vivir dignamente do froito do seu traballo. Segundo o horario previsto, a protesta comezará ás once e media da mañá fronte á fábrica ‘Ceao I’.
Trackback(0)
|