Advertisement
Puntogal
A Unión Europea aproba o fondo de 300 millóns para axudar o sector lácteo no 2010 PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 18 de diciembre de 2009

O fondo ascende aos 300 millóns de euros
O fondo ascende aos 300 millóns de euros
O pleno do Parlamento Europeo aprobou, definitivamente, o fondo de 300 millóns de euros dirixidos ao sector lácteo, co que se pretende axudar ós gandeiros, no ano 2010, a paliar a grave crise que sofren. A Eurocámara votou o proxecto de orzamentos para o próximo ano, e os eurodeputados ratificaron esa asignación de fondos suplementarios dirixidos ao sector do leite.

Precisamente, esta partida orzamentaria destinada ao sector lácteo e o plan europeo de recuperación económica, dotado con 2.400 millóns de euros foron dous das principais prioridades do Parlamento Europeo durante as negociacións das contas para 2010.

Para o relator do informe, o conservador húngaro Lászlo Surján, o éxito do “fondo leiteiro” demostra que “o espírito do Tratado de Lisboa xa inflúe nas relacións de poder orzamentario entre o Parlamento e o Consello”.

Na Unión Europea, os orzamentos son acordados no Consello de Ministros –Estados membros - e na Eurocámara. A última reunión de Ministros xa lle deu luz verde ao texto, polo que só quedaba este último trámite parlamentario. Dos 300 millóns destinados a este fondo leiteiro, aos gandeiros españois correspóndenlles arredor de 13 millóns, segundo informaron fontes comunitarias.

Esa partida destinada a España se lle aboará, antes de xuño de 2010, aos gandeiros individuais “que estean gravemente afectados” pola crise do sector, provocada polos baixos prezos do leite, segundo aprobou fai quince días un comité de expertos da Unión Europea.

Sector pesqueiro

O orzamento comunitario para o ano 2010 tamén inclúe partidas económicas destinadas a realizar proxectos piloto relacionados co sector pesqueiro. Por un lado, destinarase 1 millón de euros a financiar un proxecto piloto sobre medidas de protección dos buques comunitarios que faenan en augas ameazadas pola pirataría.

Doutra banda, financiarase con 1,5 millóns de euros outros proxecto destinado a promover a renovación da frota comercial europea con embarcacións de baixo impacto ambiental. Este proxecto inclúe a definición dun programa europeo de desmantelamento de navíos obsoletos e a concesión de incentivos á renovación das frotas comerciais que operen nos Estados membros.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >