Advertisement
Puntogal
A Deputación da Coruña entrega os premios da cultura 2009 PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
jueves, 17 de diciembre de 2009

Entrega de un dos premios
Entrega de un dos premios
A Deputación da Coruña celebrou a II edición da Gala da Cultura coa entrega dos galardóns aos gañadores dos premios convocados durante o ano 2009 pola institución provincial no ámbito da narrativa, do teatro, das artes plásticas, da banda deseñada, e da creación musical.

Os galardoados este ano foron: a escritora estremeña Milagros Frías, pola súa novela "Luces que ciegan la noche", gañadora do XXI premio de narrativa "Torrente Ballester"; o debuxante Daniel Montero Coira, polo seu cómic "Sen mirar atrás", gañador do premio de banda deseñada "Castelao"; o compositor norteamericano David Vayo Cassiy, pola súa obra "Wellspring", gañador do VIII premio de composición musical "Andrés Gaos"; o artista Erik Kirksaether, gañador da IV edición do premio internacional de arte gráfico "Jesús Núñez"; o actor pontevedrés Santiago Cortegoso, gañador do XIV premio de teatro "Rafael Dieste" polo súa obra "0,7% Molotov"; o grupo de rock coruñés Jacobo Paz, gañador do concurso de rock "Deputación da Coruña" e os artistas seleccionados no certame de artes plásticas "Isaac Díaz Pardo" Anne Heyvaett, Antonio Bandera, Belén Montero, Helena Segura-Torrella, Itziar Ezquieta, Jesús Victoriano Fandiño, Jorge Gómez Peiranes, Juan Carlos Meana, Juan Lesta, María Meijide, Óscar Cabana, Stephane Gerard Luthier, Tamara Feijoo e Víctor Hugo Costas.

Todos eles, ou seus representantes no caso do compositor David Vayo, que o fixo Natalia Lamas, recibiron de mans do presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, unha reprodución en miniatura en cerámica de Sargadelos do "garda de Mariñán", presente na escaleira barroca do Pazo de Bergondo.


Contribución a cultura

No seu discurso, Fernández Moreda gabou as creacións e os traballos premiados e transmitiu aos gañadores os seus parabéns "pola vosa contribución a prol da cultura galega".

"A cultura é un ben público común, que axuda á cohesión e ao desenvolvemento da sociedade, polo que debemos garantir, co esforzo solidario de todos, o acceso a esta en condicións de igualdade", afirmou Fernández Moreda, quen citou a Unamuno ao afirmar que "o que sabe é libre, e a liberdade que hai que darlle ao pobo é a cultura".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >