Advertisement
Puntogal
Un 95% dos votantes nos referendums organizados en 166 municipios cataláns a favor da independencia PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
jueves, 17 de diciembre de 2009

O referendum celebrouse en 166 municipios
O referendum celebrouse en 166 municipios
O referendum pola independencia realizado o 13 de decembro en 166 municipios cataláns tivo un 30% de participación de media (algún concello chegou ao 90%) ou sexa unhas 200.000 persoas das 700.000 con dereito a voto. O resultado foi favorable á proposta soberanista cun apoio do 95%. A consulta foi seguida por numerosa prensa e observadores internacionais.

Organización cidadá

As consultas foron organizadas pola Coordinadora per la Consulta sobre la Independència formada por entidades cidadás. Entre os seus obxectivos estaba “demostrar ao mundo que a nación catalana está preparada per exercer o dereito á autodeterminación” ademais de “favorecer a participación popular e a democràcia directa”.

O sistema foi o mesmo que en calquera consulta. Tivo 252 colexios electorais e as 564 mesas abriron das 9 h. ata as 20 h. Todos os dades se centralizaron a través dun sistema informático que garantizou que non houbera fraude electoral e non se duplicaran os votos. Houbo interventores dos partidos que deron o seu apoio ás consultas: CDC, ERC, CUP, EPM's e RCat. Na rede social Facebook tamén se realizou unha votación na que participaron máis de 50 mil usuarios co resultado de 48.085  voto a favor e 8.323 votos en contra.


Seguimento na prensa

As consultas foron seguidas con moito interese pola prensa internacional e unha certa apatía e mesmo belixerancia pola prensa española. Así o Financial Times fala de “Miles de cataláns votan pola independencia” e Le Monde reclama nun editorial que “a UE debe prestar atención ao caso catalán”. En troques en El País o titular é “A consulta catalana se salda cunha baixa participación” coincidindo con La Razón que afirma que  houbo “Ridículo independentista en Cataluña: no referéndum non votou nin o 30%”.


Consultas en Galiza?

A nivel galego o BNG fala de “normalidade” e “libre expresión do pobo catalán” frente ao pouco sentido democrático dalgúns sectores españolistas. En relación a se podería darse o mesmo caso en Galiza a mesma formación indicou que “cada país ten os seus ritmos e o pobo galego atopará o seu propio”.

No independentismo a FPG, a través de Mariano Ábalo, sinala que as consultas son “unha lección de democracia” que non se da en Galiza “polo cortocircuitado a través da entrega a Madrid do BNG”. NÓS-UP, a través de Carlos Morais, valora positivamente a iniciativa “lexitimada polo dereito á autodeterminación” pero non cre no “mimetismo con outras latitudes” xa que agora “aqui non se dan as condicións pola fragmentación da esquerda independentista”.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >