Advertisement
Puntogal
Catalunya decideix PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
MaloBon 
jueves, 17 de diciembre de 2009

Durante unha extraordinaria xornada de consulta popular, 161 municipios cataláns, que contaban co apoio de máis de 200 concellos, apostaron libre e democráticamente polo establecemento dun estado de dereito, independente, democrático e social, integrado na Unión Europea.

Os que tivemos a oportunidade de vivir intensamente esta aposta cidadá, percorrendo un gran número de colexios electorais asentados en diversas poboacións, gozamos da espontaneidade coa que unha importante porcentaxe do pobo catalán, depositaba o seu voto. Dende a xuventude máis ilusionada ata os anciáns máis anhelantes, achegábanse ás urnas convencidos de que estaban a sementar o futuro dunha nación soberana.

A organización, impecable. O control de quen tiña ou non tiña dereito ao voto, indiscutible, mediante a exhibición do documento acreditativo e a comprobación de que o votante era cidadán de feito. Cada mesa dispoñía dun ordenador conectado á Central de Datos.

Así foi constatado polos Eurodeputados/as Sres/as. Oriol Junqueras, François Alfonsi, Grant Thoms, Iñaki Irazabalbeitia, Freda Breopels e Jill Evans.

Que importa se a lexislación vixente tanto no Estado Español coma na propia Catalunya, puidese ou non, considerar vinculantes os devanditos comicios?. A voz do pobo é a que sempre acaba prevalecendo!.

Este berro silencioso ficado nun sobre, sen intereses partidarios, sen presións de ningún tipo, sen conveniencias nin pactos, sen favores nin débedas, sen ídolos nin submisións, é a exaltación da verdadeira democracia.

Non así, na miña bendita terra, cuxas vergonzosas artimañas levadas a termo por elementos do Partido Popular para vencer custe o que custe o primeiro de Marzal, non responden nin moito menos á dignidade que merece o xogo democrático.

Nas primeiras vintecatro horas tralo referendo, saltaron faíscas tanto nas forzas políticas máis reaccionarias coma nunha gran parte da poboación do resto do Estado, dicindo aos catro ventos que tales comicios non serven para nada e que non teñen a máis mínima importancia. Ergo, se consideran que non é importante porqué alporizarse?. Porque, no fondo, teñen medo do pobo. Este pobo que, dende o poder, non é considerado máis que un conxunto de pezas do taboleiro, depositou, o día 13 unha pequena pero importante semente que, sen dúbida ningunha, ao seu debido tempo, frutificará.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >