Advertisement
Puntogal
Aminatou Haidar, tamén galega PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
jueves, 17 de diciembre de 2009

Onde este xornal  naceu e  medrou ao longo de tantos anos, tamén tivo presenza o pobo saharaui, que con nenos e nenas e con familias acolledoras, enchian os veráns do Condado, da Louriña e da Galiza enteira. Procedentes do deserto e dun pais ocupado aos que lle roubaron o mar, a terra e os recursos do seu futuro. Por eso o caso de Aminatou, é tamén un caso galego. Porque a un pobo como o noso, migrante e internacional, o tema do Sáhara nunca lle foi alleo.

Xa non digo dende o nacionalismo, que sempre estivemos a carón do pobo saharaui e da súa autodeterminación. O acontecido con ela non nos debe ser alleo, nen para ás que somos nais e pensemos nas nosas fillas e fillos, nen como cidadáns. E demasiado grave. Detrás de cada neno ou nena que ven a Galiza hai unha Aminatou, unha historia familiar como a dela, unha expulsión, unha vulneración, un silenzo . E a historia dunha expulsión premeditada e consentida por quen a colonizou. Por eso, o Estado español ten unha tremenda responsabilidade en todo o acontecido. Precisamos máis presión a Marrocos polo acontecido e esixencia de responsabilidades, porque quedan dias ou horas para que o estado fisico desta digna muller resista. Un caso que puxo en evidencia, quen é quen, malia as formas hipócritas de algúns defender ao Sahara, finalmente sacaron o velo de estar con quen asoballa, con quen limita, como é Marrocos. Unha muller saharaui contra o poder e a inxustiza.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >