Advertisement
Puntogal
Caixas galegas, a fusión máis difícil PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Antón F. Escuredo   
jueves, 17 de diciembre de 2009

Gayoso, Feijóo e Méndez
Gayoso, Feijóo e Méndez
O debate de fusionar ou non as caixas galegas vai moito máis alá do económico. Está en xogo todo un novo modelo que se decantará pola independencia ou a dependencia das entidades actuais nun sistema cad vez máis centralizado. Fusións xa as houbo. Non hai que esquecer que o mapa actual das caixas en Galiza é o produto, daquela, dunha serie de fusións e integracións realizadas nos últimos anos coa  chegada da democracia. Esta sería, polo tanto, a última acción tendente a  crear unha grande entidade financeira no país.

Un pouco de historia

As dúas grandes entidades financeiras galegas tiveron uns inicios dispares. Caixa Galicia  é a que ten máis experiencia neste tema. Nace en 1978 despois de que se fusionaran a Caixa de Aforros-Monte de Piedade da Coruña e Lugo e a Caixa de Aforros de Ferrol. Posteriormente se integrarían na entidade a Caixa de Aforros de Santiago (1980) a Caixa de Aforros Provincial de Lugo (1982), as Caixas Rurais da Coruña e Pontevedra (1986), a Caixa Rural de León (1992), o Banco Urquijo (1996). A expansión da entidade medra coa integración.

Caixanova constituíuse o 17 de xullo do ano 2000, en virtude dun acordo de fusión alcanzado polas súas respectivas Asembleas Xerais no mes de xuño do mesmo ano da Caixa de Aforros Municipal de Vigo (fundada en 1880), a Caixa de Aforros Provincial de Ourense (fundada en 1933) e a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (fundada en 1930).


Posturas dos partidos

A necesidade de crear unha grande entidade é clara e os números así o aconsellan. Entón, por que tanta indecisión? Quedou moi claro os últimos días que o tema da fusión deixou de ser un tema económico para pasar a ser un tema político. A estas alturas os tres partidos presentes no Parlamento galego teñen claras as súas posturas no tocante a cal ten que ser o futuro neste tema. Para o PP e para o BNG a mellor solución é a creación unha entidade forte e única, o modelo catalán poderíamoslle chamar. No caso do PP porque agora ten a responsabilidade do goberno na Xunta e do resultado desta xestión gañaría moitos enteiros diante da cidadanía. No caso do BNG por coherencia cos seus posicionamentos tradicionais a favor da independencia económica de Galiza. E o PSdeG-PSOE? A súa postura é a da ambigüidade. Mentres o partido aquí sinala como moi positiva a fusión, algúns dos seus membros (Abel Caballero, alcalde de Vigo á cabeza) apostan por aventuras que para moitos non deixan de ser só localismos do século pasado.En Madrid os socialistas danlle a razón a Caballero. Sen ir máis lonxe Marta Gastón, voceira do PSOE no Congreso, non dubidou en sinalar días atrás que a mellor solución era a “fusión interrexional”.


Reunións

Diante dunha situación que semellaba non arrancar ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, decidiu liderar o proceso tendente a conseguir a fusión entre ambas caixas. Nunha semana mantivo reunións cos diferentes protagonistas e os axentes que máis teñen que dicir sobre este proceso.

A primeira reunión foi co director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e co presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso. O Goberno galego entregou aos dous dirixentes un estudo sobre ambas entidades elaborado nas últimas semanas e solicitou que respondan no prazo dunha semana.Deste encontro o único razoamento en común que trascendeu foio consenso en tres puntos: Galiza non debe desaparecer do mapa financieiro, as caixas galegas non poder permanecer inmóbiles e toca evolucionar e tomar decisións.

A seguinte reunión foi do presidente da Xunta cos lideres do PSdeG-PSOE e BNG, Manuel Vázquez e Guillerme Vázquez, respectivamente. Na conferencia de prensa posterior á reunión Guillerme Vázquez manifestou o apoio dos nacionalsitas se a decisión da Xunta "implica que Galiza se queda con caixas galegas". Neste sentido apuntou que os directivos das caixas "teñen que dicir pero non decidir" e sinalou ademáis que a decisión debe competer "a Galiza", e non ao Goberno central nin ao Banco de España. Por parte socialista Manuel Vázquez manifestou, pola súa parte, que o socialismo galego "apostará con claridade e rotundidade porque os centros de decisión estean en Galicia". Ademáis, explicou que será na reunión que se convoque a principios de decembro cando os socialistas galegos fagan pública a súa posición.

Despois tocoulle a quenda aos sindicatos. Éstes apoiaron sen obxeccións un proceso de "fusión" entre Caixa Galicia e Caixanova. Xesús Seixo (CIG) sinalou que unha fusión entre Caixa Galicia e Caixanova é "a mellor maneira de preservar os interéses de Galiza". Para o nacionalista "hai coincidencia na galeguidade e que o centro de decisión estea non noso país", afirmou o líder sindical, quen denunciou "escurantismo" arredor dos datos das dúas entidades. José Antonio Gómez  (UXT) argumentou que a SIP "é un experimento que non beneficia nada aos traballadores e traballadoras". UXT "defende unhas caixas de aforros fortes e galegas", dixo. Tamén pediu que o proceso aberto para decidir o futuro das caixas fose "máis transparente e con máis racionalidade". Xosé Manuel Sánchez Aguión, líder de CCOO, afirmou que o seu sindicato "esixe que as caixas galegas permanezan aquí" porque "o contrario sería un expolio".


A decisión

Segundo a folla de ruta do propio goberno galego deberíase ter xa unha decisión tomada ao longo da primeira semana de decembro. Tal e como están as cousas ao peche desta edición a negativa de Caixanova ao proceso de fusión con Caixa Galicia parece que retrasará a data. Se ao final non se chegara a un acordo unha das posibilidades é botar man da nova Lei de Caixas que con case toda seguridade estará aprobada a finais de ano.A mesma, presentada no Parlamento polo BNG e que contou co apoio de todos os grupos parlamentarios, sinala que a Xunta podería contar cun 20% de presenza nos consellos de administración das caixas, co dobre obxectivo, segundo os nacionalistas, de "estar presentes" e "coordinar políticas que rendibilicen o aforro dos galegos". De todos os xeitos os trámites parlamentarios desta Lei deixarían para despois de Semana Santa unha hipotética intervención institucional directa nas entidades financeiras.

 

A fusión das caixas de aforro

 A insistencia de altos dirixentes bancarios na urxente necesidade de fusionar as Caixas de Aforro de toda España, levado até o nivel de esixencia e presión institucional, levoume a min a reflexionar sobre a materia. A miña reflexión está feita desde a perspectiva do usuario e antigo político que asistiu a campañas similares, cuxo último obxectivo era a desaparición de entes financieiros que “facían competencia desleal”, segundo os banqueiros clásicos. Unha vez superada a fase de combater a súa existencia, pasouse a vender o imprescindible das participacións privadas, participacións que se apelidan de distintas formas (corporativas, sen dereitos políticos, etc.) pero que teñen como obxectivo que beneficios que se dedican á Obra Social pasen a repartirse entre privados.
Deben de existir motivos profundos que o cidadán normal, pero relativamente informado, non alcanza a mirar, se o tema é mellorar a eficacia parece que non é cara ao público en xeral, xa que non só se reducen as entidades ás que o pequeno aforrador, o traballador autónomo, o pequeno ó  mediano empresario, pode acudir, senón que, inevitablemente, reduciranse as sucursais e traballadores destinados a xestionar os servizos. Parece que o obxectivo máis que a fusión é a redución de espazo de servizos financeiros cuberto polas Caixas, espazo que será cuberto pola banca privada clásica. Nun pequeno pobo galego é corrente que existan as dúas sucursais de Caixanova e Caixa Galicia, en caso de fusión é claro que unha das sucursais desaparecerá e deixase oco ao BBVA, ao Santander, ao Pastor, etc. Porque os posibles clientes non van fusionarse nin desaparecer.
Certo é que non todas as Caixas fixeron ben os seus deberes e que mesmo algunha precisa que alguén as saque da lameira na que se meteran os erros dos seus xestores, pero visto con amplitude a paisaxe, parece que o conxunto das caixas fíxoo mellor que a súa competidora a banca e recibiu menos o impacto da crise, que non hai que esquecer xerouse ante todo e sobre todo por excesos sen límite dos xestores bancarios e económicos, en especial polos maiores defensores do privado.
Se algunha Caixa ten problemas a resolver aténdase esa particularidade, previo recoñecemento e asunción de responsabilidades, e non xeneralice.
O certo é que os defensores das fusións (eu creo que máis defensores das reducións) non explican as claras vantaxes que eles na súa intimidade deben ver, se queren que os cidadáns do montón, como usuarios e consumidores apoiemos esa posición terán que argumentar claro, tan claro que o entenda o pensionista, ao que van dificultar o cobro da súa pensión ao reducirlle as oficinas, e prexubilarlle a ese caixeiro que lle atende no seu pobo.

*Isidoro Gracia é enxeñeiro técnico e exparlamentario

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >