Advertisement
Puntogal
Seguro que 'Boas Festas' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
miércoles, 16 de diciembre de 2009

Chegados a estas festas do Nadal todos nos sentimos impulsados a desexar Boas Festas a todos. É unha boa costume e non custa nada facelo, porque se algo custase xa non seríamos tan pródigos en saudar aos demais.

O que pasa é que cando nos poñemos a enxergar estas liñas sáltanos ao maxín ideas e situacións que fan este desexo algo agridoce. Desexar boas festas sería estupendo cando soubésemos que todo o mundo era feliz, que os cidadáns das distintas razas, cores e relixións podían brindar con champán estes días sinalados, pero como non é así os desexos non pasan de ser unha boa costume, unha frase que xa nos sae sen pensar cando camiñamos pola rúa e nos atopamos con xente coñecida.

Claro que aqueles os que non saben se o próximo ano terán traballo ou se o atoparán os que non o teñen, os que están durmindo debaixo das pontes ou nos recantos das entradas dos edificios, cando non nos bancos das alamedas; os que morren a diario porque existe unha parte da sociedade que decidiu borralos das estatísticas e fai como que non sabe nada; cando medio mundo vai comer e beber ata emborracharse sen preocuparse dos que nada teñen..., realmente, son boas festas?

Estamos tan alienados por todo o que nos invade que seguimos pensando que o mundo pode ser feliz con desexarlle boas festas a todos. Estamos en crise e dende tódalas frontes nos disparan con luces de cores, con anuncios de cruceiros polo Mediterráneo e polo mar das Antillas; os supermercados dannos facilidades para que nada falte na nosa mesa estes días de Nadal e Aninovo. Ao mesmo tempo, os bancos e caixas permanecen impasibles mentres os pequenos comerciantes e pequenas empresas pechan as súas portas e poñen os empregados na rúa por falta de financiamento axeitado. Están a facer caixa cos nosos impostos que lles deu o Goberno, o demais non vai con eles.

Todo este triste panorama fai que sintamos unha especial xenreira en vez de sentirnos ledos e prontos a felicitar a todo o mundo.

Non pode ser! Se os demais non son felices, non están alegres, pasan fame e nin sequera teñen teito onde chorar as súas desgracias, nós non podemos sentirnos ledos e alegres. Algo temos que facer para que ese rutineiro desexo sexa unha realidade. Non lles parece?

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >