Advertisement
Puntogal
O Concello de Pontevedra non descarta impulsar unha mobilización en contra do novo hospital PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 16 de diciembre de 2009

Fernández Lores
Fernández Lores
O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, asegurou que non descarta a posibilidade de que o Concello de Pontevedra impulse “unha gran mobilización” cidadá contra a decisión da Xunta de Galicia de construír un novo hospital na zona de Monte Carrasco, na parroquia pontevedresa de Marcón, e desbotar o proxecto de ampliación de Montecelo polo que apostaba o bipartito.

Fernández Lores indicou que “colaborarei para que a opinión pública saiba o que se quere facer coa sanidade”, xa que segundo o rexedor capitalino a intención do Goberno autonómico é “privatizar a sanidade pública mediante a construción de hospitais con cargo ós gastos correntes do Sergas durante os próximos 30 anos, igual que fixo o PP noutras comunidades como Madrid ou Valencia”, indicou.

Tras destacar a “falta de compromiso” da Xunta con Pontevedra, Miguel Fernández Lores insistiu na oposición do goberno local ao proxecto do novo hospital e solicitou que se retomen a obras de ampliación de Montecelo, “nas que se tiñan que investir 35 millóns de euros nos últimos dous anos, unhas obras que agora adíanse 'sine die', desbotando os 50 millóns que se gastaron na súa ampliación e que son moitos para un centro de servizos sociais”, engadiu.

Neste sentido, o alcalde de Pontevedra anunciou que manterá un encontro cos alcaldes da zona norte da provincia de Pontevedra para consensuar unha postura común con respecto a este proxecto, á que estarán convidados todos os alcaldes do BNG e do PSdeG-PSOE, “que forman a maioría social da provincia”, xa que asegurou que os rexedores do PP “xa amosaron o seu apoio ó proxecto, polo que non ten sentido que asistan á xuntanza”, concluíu.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >