|
Rafael Louzán confirma a negociación do centrodereita para materializar unha moción no Porriño |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
martes, 15 de diciembre de 2009 |
 Rafael Louzán Tal e como anunciaba onte pola tarde A Peneira da Louriña as negociacións para materializar unha moción de censura no Porriño están en marcha e moi avanzadas. Hoxe mesmo, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, nun almorzo mantido cos medios de comunicación, falaba desta posibilidade con rotunda claridade.
“Estamos ante un caso parecido ao de Gondomar, con 12 concelleiros na oposición e 5 no goberno. Estes datos é convinte que se saiban, a pesar de que logo din que o culpable son eu, o único que fago é trasladar os números”, sinalou Louzán. “O meu propósito é darlle estabilidade aos municipios no que se refire a gobernabilidade. O caso é que un goberno de 5 concelleiros con 12 na oposición non é goberno”, puntualizou o presidente provincial do PPdeG. “O normal tería sido que o centrodereita lograra presentar unha única candidatura, isto non foi posible e recoñecemos os nosos erros por non telo feito no seu día pero, sen embargo, a vontade maioritaria dos cidadáns do Porriño é que un goberno de centrodereita goberne ese municipio, isto foi o que dixeron os cidadáns cando votaron. Eu agardo que a moción se faga máis pronto que tarde”, rematou Louzán. Estas declaracións de Rafael Louzán confirman as pesquisas de A Peneira da Louriña. A moción de censura está en marcha e, tal e como nos apuntan fontes próximas ás negociacións, Nelson Santos, o actual líder de CxP, é posible que sexa o vindeiro alcalde do Porriño.
Trackback(0)
|