Advertisement
Puntogal
Baltar non optará á reelección á fronte do PP de Ourense PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
martes, 15 de diciembre de 2009

José Luis Baltar e Núñez Feijióo
José Luis Baltar e Núñez Feijióo
José Luis Baltar anunciou que non optará a reelección como presidente do PP de Ourense, cargo que ocupa desde que no 1992 Centristas de Galicia se integrou nas filas populares, e solicitou respecto cara a "unha decisión persoal meditada".

O tamén presidente da Deputación de Ourense, de 69 anos de idade, desvelou en roda de prensa que non se presentará ao congreso provincial do PP do próximo 30 de xaneiro, malia que onte insistiu en que no período de consultas que abriu cos alcaldes da provincia, a maioría solicitáronlle que continuase á fronte do PP.

A decisión do veterano político propiciará que o seu fillo, José Manuel Baltar, que é vicepresidente do Parlamento galego, presente a súa candidatura á Presidencia do PP de Ourense, xa que condicionara dar este paso a que o seu pai non optase novamente á reelección.

Baltar era o último dos baróns do PP que no seu momento abanderou o denominado sector da boina, que integraba xunto co falecido José Cuiña e o ex presidente da Deputación de Lugo Francisco Cacharro Pardo, quen tamén presidiu o partido nesa provincia.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >