Advertisement
Puntogal
O Concello de Pontevedra inviste preto dun millón de euros na rehabilitación da alameda da cidade PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
martes, 15 de diciembre de 2009

Alameda de Pontevedra
Alameda de Pontevedra
Recuperar o esplendor patrimonial da alameda deseñada polo arquitecto Alejandro Sesmeros é o obxectivo da obras que o Concello de Pontevedra está a punto de rematar, segundo destacou  a tenente de alcalde, Teresa Casal, nunha visita á zona, “unha intervención branda, cun espírito fortemente conservacionista e que está permitindo unha actuación integral de restauración dunha das pezas urbanas máis significativas da cidade de Pontevedra”, sinalou.

O orzamento da actuación, incluído no Plan E, supera os 900.000 euros e a obras contan cunha longa lista de melloras sobre os 1.350 metros cadrados de superficie da Alameda, entre as que figuran a recolocación e realineado de todos os bancos, colocación de nova iluminación, restauración dos 23 azulexos de Carlos Sobrino, instalación soterrada de saneamento, auga e electricidade ou a limpeza de todos os muros, bordos e bancos laterais, así como o empedrado da beirarrúa de rúa Alameda.

Ademais, preténdese recuperar a configuración orixinal da cabeceira sur da Alameda, o que inclúe recolocar neste espazo as figuras dos leóns que actualmente adornan o vestíbulo do concello e o proxecto incide tamén sobre o pavimento da Alameda, “que fora obxecto de varios recheos durante os últimos anos ata o punto de deixar os bancos case enterrados”, indicou.

Teresa Casal destacou que a parte máis atrasada da obra é a recuperación dos azulexos de 1927, deseñados por Carlos Sobrino, a pesar de que a empresa Varela Villamor ten dez restauradores dedicados a este labor, “pero a alta humidade ambiental das últimas semanas foi un obstáculo para o secado dos diferentes produtos que se aplicaron, polo que serán necesarias algunhas semanas máis de labor”.

Os restauradores están realizando unha profunda limpeza de mohos, liques e bacterias e reenchendo con moito coidado todas as xuntas, aínda que tamén eliminaron detalladamente outro tipo de alteracións, entre as que figuran algunhas pintadas, salpicaduras de cemento, golpes, pegatinas e chicles, así como os engadidos producidos hai máis dunha década no marco “dun desafortunado proceso restaurador”.

Os traballos de recuperación patrimonial da alameda están moi avanzados e concluirán en poucos días, a falta de pequenos retoques, dentro do prazo previsto dentro das bases do Plan E, que conclúe o 31 de decembro, polo que o Concello de Pontevedra descartou solicitar prórroga ao Ministerio de Administracións Públicas.

A tenente de alcalde confirmou que, en cambio, xa se solicitou a prórroga para o remate do Centro de Interpretación das Torres Arzobispales (CITA) situado baixo a avenida de Santa María, xa que explicou que “haberá unha dilación estimada duns tres meses porque unha vez rematada a obra civil é preciso realizar un delicado traballo de museoloxía e museografía para a exposición dos panos do foxo e a montaxe do audiovisual previsto.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >