Advertisement
Puntogal
Óscar Pereiro, ciclista: 'Espero responder ás expectativas que o Astana depositou en min' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 14 de diciembre de 2009

Óscar Pereiro, lucindo a indumentario do seu anterior equipo
Óscar Pereiro, lucindo a indumentario do seu anterior equipo
Óscar Pereiro comeza a dar as primeiras pedaladas da nova tempada nas filas do Astana cun ingreso no equipo non exento de polémica e que veu precedido por un frustado fichaxe polo xacobeo Galicia. O corredor de Mos afronta esta nova xeira agardando responder ás expectativas do seu novo conxunto.

- Cal son os obxectivos para a nova tempada?

- O primeiro obxectivo é atoparme a min mesmo. Nun equipo como o que estou o mínimo é responder ao que eles esperan de min.


- A túa misión en principio vai a ser realizar un traballo de apoio ao líder do equipo, Alberto Contador...

- Está claro que aquí todos os ciclistas, os que xa están e os que chegamos ao equipo, vimos por e para traballar en favor de Alberto. Para min é xusto o que necesitaba, un estímulo como este. Estou nun gran equipo cun gran líder. Aquí imos facer un traballo no que aínda que os demais corredores non brillemos persoalmente si desempeñamos un papel relevante. Tendo no grupo a un líder como Alberto para nós é fundamental que o equipo funcione nos momentos clave. Esta é unha infraestrutura onde van a valorar moito a xente e a súa labor de traballo.


- A túa fichaxe finalmente concretouse pero estivo rodeada de moita polémica, a que se debeu tanto rumor?

- O que sucedeu é que houbo bastantes malentendidos ao haber tanta xente de por medio. Non foi un contrato directo entre dúas persoas senón que se levou a cabo a través de intermediarios. Este é un equipo que se está creando a moita velocidade, por causa de que en principio non ía ter licencia protour. Foron un cúmulo de circunstancias. Eu xa levo uns días de adestramento en Pissa, Italia, e quero esquecer iso. A verdade é que fun recibido como un máis e para nada se me preguntou sobre todo isto e xa me vou sentido integrado e contento de estar aquí.


- Estiveche a punto de entrar a formar parte do Xacobeo Galicia, esta era unha das primeiras posibilidades. Por que non chegou a bo porto?

- Sinceramente a min era un proxecto que me gustaba porque son galego, e a calquer galego lle gustaría acabar aí. Foi unha posibilidade que pudo chegar a ser algo máis, porque reunínme con Lete (Secretario Xeral para o Deporte) en dúas ocasións e con Pedro Alfaro (director - xerente da Fundación Ciclismo Galego) en outra oportunidade pero non puido ser. Non é que Óscar Pereiro non quixese estar aí, en primeiro lugar economicamente o equipo vai moi xusto e despois que Álvaro Pino tampouco axudou realmente a que houbese un acordo entre as partes. Pero finalmente se pos nunha balanza a miña situación actual, pois creo que sigo estando nun gran equipo, nunha gran escadra a nivel mundial e, aínda que o Xacobeo é o equipo da miña terra, aquí estou nun equipo continental Protour, cuns patrocinios e unhas marcas, o que supón estar nunha categoría diferente. Evidentemente como estaba eu despois do Tour de Francia, a opción do Xacobeo era unha opción que tamén me facía moitísima ilusión.


- Xa comenzástedes os adestramentos en Italia, verdade?

- Si, levamos varios adestramentos. Aquí vai bo tempo e facemos tres ou catro horas de rodaxe sin forzar en exceso e pouquiño a pouco imos poñendo un pouquiño máis de intensidade cada día.


- Cales son as túas sensacións nestes comezos? Como te atopas a nivel competitivo?

- Eu a verdade é que cheguei corto de rodaxe aquí. Porque ata hai uns días aínda non sabía onde ía a estar. Pero facendo dous ou tres días ao ritmo dos compañeiros vou collendo o ritmo e igualándome pouco a pouco. As sensacións gustaríame que fosen boas a partir de maio por agora o que máis e o que menos vimos das vacacións con algún quilo de máis e agora o máis importante é rodar e rodar e a partir de febreiro-marzo recuperaremos os sensacións adecuadas.


- Será esta a túa última tempada no ciclismo ou deixas a porta aberta á continuidade?

- Si realmente me sinto ben, estou a gusto e o equipo gusta do traballo que eu realizo e dalgunha maneira vemos a posibilidade de continuar pois podería seguir. Esta para min é unha boa oportunidade para recupera as boas sensacións. Eu desexo realizar un bo ano e a partir de aí xa veremos en setembro e outubro se a cabeza e o corpo me piden seguir, continuarei; senón é así non seguirei.


- Que corredores vés como favoritos para as grandes voltas? Consideras que hai alguén salientable?

- Pois a verdade é que non sei que vai a participar no Giro de Italia pero si corre Ivan Basso para min será un competidor que vai a ser dos fortes nesta proba. Tamén están Menchov, Andy Schleck, Kloden, Contador, Valverde, Sastre, os corredores que levan aí uns cantos anos brillando estarán arriba este ano.


- Tes algo planificado para cando deixes a bicicleta? Vas a seguir vinculado ao ciclismo?

- Todavía non o sei. Dende logo o que teño claro é que si sigo no ciclismo non vai a ser como director deportivo porque vexo que teñen unha responsabilidade e un traballo moi complicado. Pode ser que continue ligado a este deporte, hai moitos ámbitos que rodean ao ciclismo onde se pode estar pero neste momento estou enriba da bicicleta e non quero pensar neste aspecto. De momento aínda non fixen plans ao respecto.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >