Advertisement
Puntogal
Feijóo rexeita a reunión solicitada por Queremos Galego PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 14 de diciembre de 2009

Manifestación convocada por Queremos Galego
Manifestación convocada por Queremos Galego
Nunha carta enviada como resposta á solicitude de entrevista por parte de Queremos Galego, o presidente da Xunta rexeita reunirse cunha plataforma que conta co apoio de 600 entidades e que convocou unha das tres maiores manifestacións da historia democrática de Galiza, cunha participación estimada pola policía en 50.000 persoas e polos organizadores en 100.000.

Desde Queremos Galego consideran “un moi mal síntoma” o “desdén” de Alberto Núñez Feijóo, “que non quere nin escoitar a quen pide o cumprimento da lei e dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos”. Por iso, sitúan esta resposta dentro dunha “liña profunda de arrogancia e prepotencia contra o idioma propio do país, que sería bo para todas e todos que mudase”.

Ademais, Queremos Galego chama a atención a que “quedan ao descoberto as mentiras do secretario de Política Lingüística”, Anxo Lorenzo, quen negara en varias comparecencias e entrevistas que esta plataforma se puxese en contacto co Goberno galego.

Na misiva que o presidente da Xunta lle remite a Carlos Callón, como representante da plataforma, rexeita reunirse con Queremos Galego, aos que insta a que se entrevisten con Anxo Lorenzo. “É triste que o máximo dirixente do Goberno galego non queira escoitar as demandas dos convocantes da maior marcha da historia en defensa da lingua galega e que nos remita a alguén sen capacidade de decisión nin incidencia, como puro xesto para a galería”, laméntanse.

“A sociedade galega aínda está a agardar a primeira medida en defensa do noso idioma por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo”, conclúen, ao tempo que lembran que “se a Xunta non recúa na súa intención de diminuír a presenza do galego no ensino, convocaremos un paro xeral que ten todos os visos de se converter en histórico, porque as comunidades educativas están moi preocupadas polos enfrontamentos que o actual goberno está a provocar polos seus ataques contra o galego”.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >