|
O Obradoiro derrota ao Real Madrid no Fontes do Sar tras unha prórroga |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 14 de diciembre de 2009 |
 Kostas Vasileiadis foi a estrela do partido A única vez que o Real Madrid visitou ao Obradoiro gañara por 55 puntos (70-125). Foi en xaneiro de 1983 e agora, case 27 anos despois, os brancos volvían na condición de líderes invictos e esperanzados de derrotar a un Xacobeo Blu:sens que non só ten un orzamento moito máis baixo, senón que enriba tampouco podía contar coa súa estrela Marc Jackson nin o importante Drago Pasalic, e incluso contaba con varios xogadores importantes tocados.
Pero con todos eses argumentos en contra, o Xacobeo Blu:sens foi capaz de derrotar ó Real Madrid no Fontes do Sar, e facelo ademais nunha prórroga. O obradoiro medrouse ante as adversidades e nin sequera se desmoronou cando un maxistral Bullock forzou a prórroga con dúas canastras de altísima dificultade. Entón, xurdiu o mellor Kostas Vasileiadis, que aportou todo o seu talento e honra comandando a batalla galega contra o imposible. E derrotouno. A festa no pavillón foi histórica.
Trackback(0)
|