Advertisement
Puntogal
A Mesa acusa á Administración de Xustiza de vulnerar a lexislación en materia lingüística PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
lunes, 14 de diciembre de 2009

Carlos Callón
Carlos Callón
A Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse ao Goberno central, á Xunta, ao Valedor do Pobo e ao Defensor para reclamarlles que se adopten con urxencia as medidas necesarias para garantir o dereito ao uso da lingua galega na Administración de Xustiza, á que acusa de vulnerar a lexislación no que ten de recoñecemento do idioma propio de Galicia. O colectivo, que apela "á sensibilidade que Francisco Caamaño ten demostrado polo galego", basea a súa denuncia en que, ao seu xuízo, as persoas que queren usar esa lingua no ámbito xudicial reciben un trato de "cidadáns de segunda".

"Os mesmos trámites que en castelán se poden facer de xeito automático, na inmensa maioría dos xulgados ou se negan ou implican unha demora se os queres realizar en galego, a pesar de que tanto a lexislación como os tratados internacionais recoñecen ese dereito básico", asegura o presidente da Mesa, Carlos Callón.

Pon como exemplo o caso dun cidadán que solicitou que as partes dun xuízo en Padrón se dirixisen a el en galego, algo ao que se negou o maxistrado. Segundo A Mesa, cando esa mesma persoa solicitou que a documentación que se lle entregase estivese nesa lingua --"como tamén establece a lei"-- respondéronlle que tería que agardar varios días.

O colectivo suma a esta situación "un clima de insensibilidade" cara á diversidade idiomática do Estado, e vincula con iso o auto no que un xuíz de Alcorcón (Madrid) ditaminaba que unhas nenas poderían sufrir "desarraigo" ao traslarse a Galicia polo uso do galego no ensino e aseguraba que esa lingua non ten "utilidade práctica" fóra da comunidade.

Máis aló destes casos, A Mesa denuncia que non existe documentación en galego en dous xulgados de Vigo e o incumprimento do que establece sobre a toponomía a Lei de Normalización Lingüística. Alude neste sentido á sala terceira do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo, que empregou a denominación La Coruña, e á páxina web do propio Ministerio de Xustiza, con "despropósitos" como "El Pino, Mellid, Puenteareas ou Villagarcía de Arosa"

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >