Advertisement
Puntogal
Enotur celebrouse con total éxito no Recinto Ferial de Pontevedra do 5 ó 8 de decembro PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
viernes, 11 de diciembre de 2009

Presentación do salón na Casa de Galicia en Madrid
Presentación do salón na Casa de Galicia en Madrid
Ante un público maioritariamente galego, a Sala de Actos da Casa de Galicia en Madrid estaba a tope o día da presentación. Había expectación ante os medios de comunicación, cen empresas do sector do viño na vertiente turística, histórica e gastronómica. Tanto en Madrid como en Galicia e norte de Portugal, a celebración do I Salón de España dedicado o enoturismo, adegueiros, operadores turísticos, museos, ciudades e rutas do viño, aloxamento especializado, centros de viñoterapia e fabricantes de productos relacionados co viño foron os protagonistas deste encontro, de carácter internacional e vocación itinerante, que ten como obxetivo promocionar a cultura vitivinícola e coa gran participación dun pais tamén especialista en viños como Portugal.

O éxito do I Salón de Enoturismo de España comenzou cunha pulcra e técnica presentación oficial en Madrid, na embaixada galega (Casa de Galicia) na capital do reino. Os cinco poñentes foron Antonio Fafián, coordinador de Enotur; o presidente da Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán; o director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; o presidente da Mancomunidad Turística “Terras de Pontevedra” e alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; e Mateo Fernández como representante de AICEP Portugal Global.

Todos puxeren o corazón en cada palabra de eloxio a Galicia, a sua gastronomía milenaria e os seus viños. Enotur 2009 é unha demostración de que as autoridades galegas de cada etapa saben e poden organizar eventos que den prestixio á nosa terra. Dito evento foi unha proba de que a gastronomía e o viño galego-portugués, irmáns en todo, forman un binomio inseparable na nova maneira de viaxar e de facer turismo. Citouse as adegas de Casalobos, Marqués de Riscal, Rubines Vinum o Gran Bazán; empresas como Entrevinos, Rutas Meigas, Eventos de Cata e Rutas de Vino entre outros: centros de enoturismo como Novavila e La Ciudad del Vino, prestixiosos chefs como Pepe Solla, da Casa Solla, é Xosé Torres Cannas, de Pepe Vieira, e tantos empresarios e adegueiros galegos amantes do mundo do viño, que engrandecen o prestixio culinario da comunidade galega en todo o mundo.

Enotur é un éxito porque conta cun gran respaldo empresarial como a Asociación Española de Enoturismo e Turismo Gastronómico e da Asociación Galega de Enoturismo. Trátase do primeiro evento realizado en España sobre a vertente turística do viño. Sorprendeu na presentación a posibilidade de coñecer as últimas tendencias do sector, adquirir artículos de viñoterapia (como geles, cremas, velas…), entrar no mundo do Dios Baco a través dunha adega, visitar un museo do viño, descubrir máis de 50 ciudades do viño de toda España e cerca dunhas 20 rutas turísticas co viño como fío condutor.  

Todos os conferenciantes,  falaron de “feliz iniciativa, éxito, motivación turística, gastronómica e cultural, atractiva, singular, patrimonio cultural e histórico de Galicia ante o mundo, paisaxístico, esixente  na calidade”, sabendo que trátase dun Salón que promete de cara o futuro vitivinícola. Destacouse que a D.O. das Rías Baixas ten o maior número de adegas, co maior espacio e exportación moi importante, sendo todas as mensaxes moi eloxiadas polos presentes, sobresaíndo a “profesionalización dos nosos caldos a través dunha oferta cultural no Museo de Pontevedra, deixando a impronta en forma de castelos, pazos, albariño, ameixas, parque natural das Illas Cíes, e toda unha guía da nosa Galicia máis emblemática, con máis de 300 praias de bandeira azul”. Todos fixeron grandes e xustas alabanzas da nosa Galicia máis tradicional e moderna, a destacar as intervencións do Diputado Provincial pontevedrés, Rafael Louzán, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, que se mostraron moi orgullosos de ser Galegos e ademáis das singulares virtudes do que representan, tanto a nivel político, como cultural, gastronómico, social e empresarial.

Ninguén se olvidou de que o ano que ven será o Xacobeo 2010 e que ata o 2021 non volverá tal acontecemento relixioso, cultural e turístico. O camiño de Santiago é algo tan popular como enriquecedor e humán culturalmente falando. O norte de Portugal forma parte desta cultura, paisaxe e gastronómica mundialmente conocida. O calendario Enoturístico pode verse na www.salonenoturismo.com

Loubanzas para os pazos do S.XVIII con 195 adegas e 22 millóns de viño blanco, o mellor dos caldos para un bó xantar de marisco, toda unha riqueza monumental e histórica de Pontevedra. Arte rupestre ó aire libre, petroglifos e demáis monumentos emblemáticos, dos que o 60% están en Galicia. O alcalde de Pontevedra, Miguel Angel Fernández Lores, enchía –con razón- o peito ó afirmar que “Pontevedra é maravillosa en todos os seus conceptos, tamén cando chove e ninguén se vai a arrepentir cando nos visite”.  Mateos Fernández, representante de Portugal, sentíuse orgulloso dos seus viños, que se complementan cos galegos e deposita grandes esperanzas de éxito nesta xesta do I Salón de Enoturismo de España”. Antonio Fafián sentíuse enriquecido persoalmente polo apoio e colaboración de todas as institucións, empresariais e adegueiros sobre todo.

O director de Casa de Galicia, José Ramón Ónega, destacou que hai 482 adegas coa D.O., con máis de mil puntos de traballo directo. Afirmou que “O Enoturismo atrae ós turistas a Galicia e a Portugal, irmandados nesta xesta vinícola, visitando e disfrutando dun patrimonio natural, con identidade histórica, cultural e paisaxística sin comparación, e uns caldos como o de Monterrei, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras, Albariño, Grupo ACEVIN, que deixan a súa mellor impronta nesta especialidade”. O sector do viño é moi notable en España, onde hai 34 museos do viño, 19 empresas de turismo e gastronomía.

A maridaxe viño-turismo-cultura e beleza forman parte da grandeza do norte de Portugal e de toda Galicia.´José Ramón Ónega dixo que “o viño é o mellor fío condutor desta Galicia que enamora a todo o mundo”.  Rafael Louzán afirmou que “Pontevedra é o lugar adecuado para estes eventos por ter a capital das Rías Baixas 6 millóns de visitas, aparte Santiago e 480 adegas en Pontevedra de D.O., e celébranse nestas datas porque é cando máis regalos se fan a familiares, amigos, etc. e regalar unha caixa de viño ten moito valor sentimental, por iso o apoio do sector dos viños Galegos e portugueses é total”.  Desde o S.XVI expórtase viño a toda Europa, porque é o mellor escaparate para un gran futuro do sector vinícola galego, con moitas alternativas positivas para Galicia.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >