|
Manuel Rivas, novo membro electo da Real Academia Galega |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
viernes, 11 de diciembre de 2009 |
 Manuel Rivas O xornalista e escritor Manuel Rivas Barrós ingresa na Real Academia Galega, nun acto que está previsto que se no Paraninfo da Universidade da Coruña. Rivas lerá un discurso de ingreso titulado 'A boca da literatura (Memoria, ecoloxía e lingua)', que será contestado en nome da RAG polo académico numerario don Xosé Luís Axeitos Agrelo. Desta forma, pasará a ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento do académico numerario Camilo González Suárez-Llanos.
Manuel Rivas Barrós, natural do barrio coruñés de Montealto, estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Diferentes xornais de Galicia contaron coa súa colaboración, é o caso do Ideal Gallego, A Voz de Galicia ou os semanais A Nosa Terra, ademais tamén foi cofundador e director da revista cultural Luzes de Galicia. Rivas, como literato, abarca todos o xéneros e ostenta numerosos premios. Entre a súa obras encóntranse títulos como 'O lapis do carpinteiro' ou 'Os libros arden mal' en novela; 'Libro do entroido' ou 'Mohicania' en poesía; 'Que me queres amor' ou 'Un millón de vacas' en relato, así como 'O heroe' no teatro. Rivas tampouco se esqueceu dos nenos coa súa obra 'Todo ben, bala perdida'.
Trackback(0)
|