Advertisement
Puntogal
O téxtil destruíu uns 3.800 postos de emprego ata setembro en Galicia PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
miércoles, 09 de diciembre de 2009

Pequeno taller téxtil
Pequeno taller téxtil
A redución do consumo carrexado pola crise, o forte competencia das importacións asiáticas e a tendencia á deslocalización da produción cara a países con menores custos laborais ameazan o emprego no téxtil galego. Segundo revela a Enquisa de Poboación Activa (EPA,) entre o primeiro e o terceiro trimestre do ano destruíronse uns 3.800 postos de traballo neste sector, tanto a través de expedientes de regulación, como da non renovación de contratos temporais e xubilacións. Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), 17.200 persoas están ocupadas nesta actividade, das que 12.200 son mulleres. En marzo, sumaban 21.000.

O peso de Inditex na Coruña explica que, só nesta provincia, 9.300 persoas traballan nalgunha das ramas do sector. Por detrás sitúanse Pontevedra, con 4.400 empregos--dos que algúns dependen das auxiliares que fabrican tapizados para a automoción--; Ourense, con 2.900 ocupados, e Lugo, con 600.

Segundo os sindicatos, as perspectivas son escasamente alentadoras. A voceira de téxtil da CIG, Dores Martínez, lembra que os pequenos talleres están sendo “os grandes afectados” pola externalización da fabricación dos grandes grupos, ata o punto de que “ven condicionada a súa supervivencia”.

“A recuperación do emprego pasa pola recuperación do tecido empresarial”, explica a representante da central sindical, quen destaca a necesidade de que a produción “volva deses terceiros países ós que se trasladou”.

A aposta por un produto “innovador, polo deseño e por unha produción de alta gama” son outros dos cambios que debe introducir a industria galega da confección para que se deteña a sangría do desemprego, a xuízo do responsable de téxtil de CC.OO., Manuel Lores. Convencido da necesidade de achegar ás pezas de roupa “un valor engadido”, Lores incide en que “contra o barato non podemos competir”, en referencia á importación de pezas de roupa e calzado de Asia. Por iso, reclama que o futuro do sector sexa abordado por patronal, Xunta e sindicatos na mesa do téxtil.


Bo ritmo de vendas ao exterior

Fronte ás dificultades que atravesan os talleres para manterse a flote, a evolución das exportacións téxtiles da comunidade consolídase, impulsada pola expansión das insignias da moda galega.

Segundo os últimos datos do Instituto Español de Comercio Exterior (Icex), Galicia sitúase á cabeza do Estado en vendas ao exterior, por diante de Cataluña. E é que as industrias da comunidade acadaron un volume de vendas que, entre xaneiro e setembro, superou os 1.712 millóns de euros, máis que no 2008 (1.518 millóns) e que no 2007 (1.476 millóns). Fronte a esta cifra, as compras das sinaturas galegas no exterior acadaron os 951 millóns de euros nos nove primeiros meses, de xeito que o saldo comercial foi positivo, cun superávit de 761 millóns de euros. Os principais clientes do téxtil galego son europeos: Portugal (239 millóns) e Francia (229 millóns).

Por provincias, a puxanza de Inditex coloca á Coruña á cabeza, cun volume de negocios de 1.653 millóns, impulsado pola continua apertura de tendas no estranxeiro. Sede de Adolfo Domínguez e da Sociedade Téxtil Lonia, as exportacións moveron 37 millóns en Ourense; seguida por Pontevedra (21 millóns) e Lugo (593.000 euros).

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >