|
O BNG instará á Xunta a que se celebren encontros deportivos das seleccións galegas |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 07 de diciembre de 2009 |
 Alfredo Suárez Canal O grupo parlamentario do BNG pedirá no Parlamento que a Cámara reclame á Xunta o impulso para a celebración de encontros deportivos das seleccións galegas con outros combinados autonómicos, xa que a Xunta non mostra "o máis mínimo interese" por celebrar o partido que se viña celebrando en nadal durante os últimos anos.
O grupo parlamentario presentou esta iniciativa de impulso a través do seu deputado Alfredo Suárez Canal, despois da resposta dada na Cámara polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na que deixaba entrever a negativa da Xunta ante este tipo de enfrontamentos. O deputado nacionalista lembra que o deporte é "un referente importante para cohesionar colectividades e reafirmar sentimentos comúns", tanto sexan de carácter "local, nacional ou estatal". Suárez Canal denuncia a falta de interese que observa mostrar a Secretaría Xeral para o Deporte. "Só se atreven a tentar ridiculizar as representacións deportivas do ámbito nacional galego, recurrindo, coma sempre nestes casos, ao argumento económico cando o custe é irrelevante si se fan as cousas axeitadamente", concluíu o deputado do BNG.
Trackback(0)
|