|
Rueda admite que sería ‘meritorio’ abordar as fusións de concellos |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 07 de diciembre de 2009 |
 Alfonso Rueda O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, asegurou que a posible apertura dun proceso de fusión de municipios en Galicia necesitaría "un debate sosegado", polo que apostou por seguir apostando por outras fórmulas que poidan propiciar resultados máis inmediatos, como a colaboración entre concellos ou as áreas metropolitanas.
En declaracións aos medios durante unha visita a Forcarei (Pontevedra), Rueda admitiu que os concellos "son estruturas que levan moito tempo asentado", polo que agora resulta complicada abordar a posible desaparición dalgúns deles. Así, e aínda que o Club Financeiro de Vigo propuxo esta semana reducir á metade os 315 concellos existentes na actualidade, o conselleiro de Presidencia ve complicado iniciar este proceso. "Que se abra o debate é algo meritorio", recoñeceu. Por esta razón, Alfonso Rueda apostou por seguir avanzando en fórmulas que dean un resultado inmediato, como o fomento da colaboración entre os municipios--sobre todo entre os máis pequenos-- ou o impulso das áreas metropolitanas. O titular de Presidencia realizou estas declaracións na visita que efectuou a Forcarei, na que tamén estivo presente o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. Ambos os dous foron recibidos polo alcalde da localidade, David Raposeiras.
Trackback(0)
|