Advertisement
Puntogal
Feijóo propón a descendentes de emigrantes unha galeguidade sen excluír patrias PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
sábado, 05 de diciembre de 2009

Feijóo durante a visita á Asociación de los Caballeros de Santiago
Feijóo durante a visita á Asociación de los Caballeros de Santiago
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lanzou dúas mensaxes claras aos mozos galegos que residen en Arxentina e Montevideo, apelando a que manteñan a "galeguidade pero sen excluír patrias" e destacando que é posible coñecer o galego pero "sen renunciar a outras dúas grandes linguas", que son o español e o inglés.

En cadanseu acto no centro educativo Santiago Apóstol e a inauguración do I Congreso de Xuventude Galega no Exterior, o dirixente autonómico referiuse aos mozos descendentes de emigrantes como o "futuro" da galeguidade e como os próximos "embaixadores" da comunidade.

No congreso, que se celebra no Hotel NH City de Buenos Aires, congregáronse 140 mozos procedentes de "máis de 27 cidades arxentinas" e tamén de Uruguai, segundo explicou o propio Feijóo, quen se presentou como un gobernante que "cre nos valores da mocidade "e incluso ironizou coa opción dalgúns de recorrer a "expertos variopintos" para ver como será o futuro cando "o futuro sodes vós".

A estes galegos presentes e futuros, propúxolles que vivan a "galeguidade", aínda que a fórmula do presidente galego é que esta "non exclúa patrias". Ao aspecto, manifestou que noutras etapas, o patriotismo era un elemento "excluínte", algo que non contempla neste momento.

Outra das invitacións realizadas por Feijóo aos mozos consiste en "non asociar Galicia co pasado ", pois asegura que a "galeguidade non é unha reliquia", porque a comunidade é "moderna, está inserida nunha España próspera" e na Unión Europea.

Aos asistentes ao congreso definiunos como "os mellores intermediarios" entre os seus países (Arxentina, Uruguai e Galicia" para "instaurar aquí os valores do vello continente e levar a Europa o pulo do novo continente". E como "embaixadores do futuro ", suxeriulles que "non renuncien ás súas raíces".

O presidente galego referiuse, na súa intervención, á nova "cidadanía virtual" mediante internet e as novas tecnoloxías e afirmou que sen estas ferramentas, os galegos "souberon configurar unha rede universal, indeleble nos seus descendentes" outorgándolles a calidade de "ser especial, ser galego".


Primeira promoción

Antes de verse cos mozos descendentes de emigrantes na inauguración do congreso, o presidente galego acudiu á entrega de diplomas á primeira promoción de graduados do centro educativo Santiago Apóstol, integramente financiado pola Xunta desde 1997, cando entrou en funcionamento.

Neste acto, Feijóo defendeu a "solvencia educativa" desta institución, que está formando a "unha nova xeración de embaixadores da galeguidade "cunha oferta educativa do "século XXI", baseada no multilingüismo "". Así, apuntou que "é posible coñecer o galego sen renunciar ás outras dúas grandes linguas", que son o castelán e o inglés. Do centro destacou que fai "un gran servizo a Arxentina e a Galicia".

Entre os 18 escolares graduados, hai descendentes de galegos e outros que non  o son, pero todos aprenderon o idioma da comunidade e, incluso nalgún caso, os nomes son eminentemente galegos. Todos coinciden en apuntar que lles resultou "fácil" coñecer o idioma, e é que nalgún caso, é o que se fala na casa. É o caso de Xosé, que estudou no Colexio Santiago Apóstol e cuxa familia procede de Noia e Sanxenxo. "Miña nai é galega, fala galego e aprendín a súa lingua". Xoán aprendeu a "lingua dos meus avós" e todos visitaron Galicia. Uns 4.000 quilómetros percorreron nunha viaxe conxunto, que levounos por diferentes cidades. Outros, acoden con certa frecuencia á comunidade.

Entre os escolares, hai tamén unha coreana, Gabriela Kin, que aprendeu o idioma malia incorporarse para facer a formación secundaria neste colexio. "Ao principio estiven un pouco nerviosa, pero non é difícil aprendelo", claro que soubo que era un idioma no propio centro educativo. "Ao principio pensei que non existía, que era española".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior