Advertisement
Puntogal
O Goberno licita por 26 millóns de euros a montaxe de vía do tramo de AVE Ourense-Santiago PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
Escrito por Redacción   
sábado, 05 de diciembre de 2009

Schez. Bugallo, José Blanco e Agustín Hernandez durante a viaxe de probas
Schez. Bugallo, José Blanco e Agustín Hernandez durante a viaxe de probas
O Consello de Ministros autorizou, a proposta do ministro de Fomento José Blanco, da licitación da montaxe de vía no eixe Ourense-Santiago de alta velocidade ferroviaria. O orzamento de licitación supera os 26 millóns de euros, aínda que incluíndo o subministración de material necesario para executar a obra, o valor total do contrato ascenderá a 107,6 millóns de euros.

A licitación inclúe tamén a montaxe de vía do ramal ferroviario que conectará o eixe Ourense-Santiago co eixe atlántico de alta velocidade, de 1,1 quilómetros de lonxitude. Co obxectivo de minimizar o impacto da obras, que serán licitadas por Adif, prevíronse unha serie de medidas para buscar o máximo respecto co contorno, como a protección do sistema hidrolóxico e dos solos.

Tamén se inclúe a prevención do ruído en áreas habitadas e todas as medidas necesarias contra a erosión, ademais das que vaian dirixidas á recuperación ambiental e integración paisaxística.

A lonxitude total da liña, incluíndo o acceso ás cidades de Ourense e Santiago, será de 87,1 km, dos que 43 km corresponden ao tramo Ourense-Lalín e os 44,1 km restantes, ao tramo Lalín-Santiago. Deste xeito, reducirase a distancia entre ambas as dúas capitais en 38,9 km.

Para salvar a complicada orografía, o Eixe Ourense-Santiago (sen incluír os accesos ás capitais) conta con 30 túneles que suman unha lonxitude de 28.518 m, o que representa o 34,8% de toda a liña. Tamén se construirán 35 viadutos, cunha lonxitude conxunta de 19.075 m, é dicir, o 23,3% da liña.

O custo total estimado da obras da LAV Ourense-Santiago (plataforma, vía e instalacións) ascende a 1.841 millóns de euros, investimento que se integra no marco do Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte (PEIT) do Ministerio de Fomento para o período 2005-2020.


Encomenda

Así mesmo, o Consello de Ministros decidiu encomendar ao ente público empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), dependente do Ministerio de Fomento, a construción da liña de alta velocidade a Galicia, en concreto, do traxecto Olmedo-Medina-Zamora-Poboa de Sanabria-Lubián-Ourense. O obxectivo da encomenda é axilizar a construción da liña.

Ata o momento, a construción estábase levando a cabo polo Ministerio de Fomento con cargo a recursos da Sociedade Estatal de Infraestruturas do Transporte Terrestre, S.A. (SEITT).

Tras a sinatura da encomenda, Adif faise cargo da continuación da obras destes subtramos, manténdose o seu financiamento por SEITT, e acometerá con cargo aos seus propios recursos ou a través de recursos de terceiros a construción do resto da liña ata Ourense. Así mesmo, levará a cabo toda a obras de superestrutura, é dicir, electrificación, instalacións de seguridade e comunicacións, desde Olmedo ata Ourense.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >