Advertisement
Puntogal
KPGM terá lista a auditoría sobre a fusión das caixas galegas nun mes PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 04 de diciembre de 2009

Marta Fernández Currás
Marta Fernández Currás
A auditora KPGM terá lista a auditoría externa encargada pola Xunta de Galicia sobre a fusión das caixas galegas en só un mes, segundo datos do Goberno galego. A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, destacou que a 'due diligence' pactada pola Xunta con Caixa Galicia e Caixanova permitirá "despexar calquera dúbida sobre a solvencia" dun proxecto conxunto de unión de ambas as dúas entidades. Na súa opinión, "é o que corresponde no exercicio da acción do Goberno".

Fernández Currás lembrou que a 'due diligence' é unha actuación moi habitual no mundo mercantil, en procesos previos a unha compra-venda ou unha fusión, coa que se busca "certificar a bondade dos datos reflectidos nos balances e a inexistencia de pasivos continxentes".

A titular da Consellería de Facenda entende que "é lóxico" que a lexislación bancaria e o Banco de España esixan unha certificación deste tipo, que procede "aínda que as partes estean totalmente de acordo". Engadiu que o traballo previo feito permite acurtar os prazos destas auditorías externas e "nun mes poderían estar rematados os traballos".

A titular de Facenda indicou que nun contexto de reordenación do mundo financeiro as caixas fixeron dúas auditorías, cada unha cun resultado contraposto, polo que a Consellería de Facenda, como árbitro e supervisor, decidiu pór en común estes datos para analizar se podía ser viable a unión das dúas caixas.

Marta Fernández Currás indicou que, tendo en conta que incluso así se mantiveron discrepancias, "se decidiu de común acordo" facer unha 'due diligence', que avalíe a información base fornecida polas caixas que deu lugar ao proxecto da Consellería de Facenda.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >