Advertisement
Puntogal
Serafín Fdez, da CIG A Guarda:'A nova Unión Local do Baixo Miño ofrecerá proximidade ao afiliado' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 04 de diciembre de 2009

Serafín Fernández Portela
Serafín Fernández Portela
No V Congreso Comarcal da CIG de Vigo vense de ratificar a constitución nos primeiros días do 2010 dunha nova unión local no Baixo Miño. Falamos con Serafín Fernández Portela que actualmente coordina a oficina da Guarda dende onde se centralizará a nova Unión Local.

- Cando vai a comezar a funcionar a recentemente aprobada Unión Local da CIG da Guarda?

- No congreso da CIG corroborouse a constitución da Unión Local do Baixo Miño que se vai a instaurar formalmente e de xeito efectivo o  22 de xaneiro. Nesa data vanse establecer os delegados que lle corresponden á nova unión que neste caso son corenta e catro e vaise escoller aexecutiva da Unión Local e o secretario, cargo que vai a recaer na miña persoa.

- Que supón para o Baixo Miño a creación desta Unión Local?

- Coa Unión Local imos conseguir un contacto máis directo coa organización da CIG, antes tiñamos que actuar a través da organización comarcal de O Porriño. Imos estar de pleno dereito dentro do secretariado comarcal da CIG e polo tanto teremos presencia neste estamento. Teremos unha relación moito máis inmediata e poderemos influir e orientar na toma de decisións.

- Hai moito tempo que tiñades solicitada a creación desta Unión Local?

- Foi alá polo mes de febreiro deste ano, no primeiro trimestre do ano. Diante da dirección comarcal da CIG un grupo de afiliados da comarca, concretamente do local que cubre a zona que é o da Guarda solicitou a constitución da Unión Local, xa que, daquela cumpriamos os requisitos de ter máis de 500 afiliados e nos xa nos aproximabamos aos 1.500. O tema tratouse coa dirección comarcal e foi aprobado aínda que con algunha que outra diferencia de opinión a nivel interno pero sen maiores atrancos.

- Cales van ser as funcións e competencias da nova entidade?

- As competencias vanse centrar na xestión de catro concellos do Baixo Miño, A Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño. O único concello da comarca que non se adhire á nova entidade é o de Tui. Tódolos casos que atinxan a estes catro concellos vai ser tramitados dende a nova Unión Local.

- Por que o concello de Tui non vai a estar incluído dentro da unión do Baixo Miño?

- Por que por proximidade con O Porriño é mellor que Tui se xestione dende alí. Está moi preto e por operatividade e accesibilidade é mellor que siga centralizándose no Porriño. Nós tampouco tiñamos moito interese en que Tui pasase a integrar a nova  unidade por que non pretendiamos abranguer territorio de xeito incontrolado senón buscando a mellor operatividade para a organización. Tui está ben cuberto dende o local do Porriño.

-Como era entón ata o de agora o funcionamento da CIG na comarca do Baixo Miño?

- As xestión dos temas relacionados estabamos a facelas dende aquí aínda que oficialmente estabamos baixo a tutela do Porriño e aínda seguimos dependendo deles ata o día 22.Non ten sentido que nos esteamos dentro dunha Unión Local onde realmente o traballo o facemos nós e non a central que está na oficina da CIG do Porriño. É moito mellor para o afiliado que teñamos unha cobertura mellor e máis próxima e que para as posibles queixas ou reclamacións laborais teña un fío máis directo.

- Agora ides ter entón un maior nivel de competencias...

- Efectivamente, imos estar representados directamente dentro do secretariado comarcal e dentro do consello confederal da CIG. As unións locais están representadas dentro do consello confederal en Compostela e entón de todo o que alí se trate teremos unha información directa. Logo aquí imos constituír unha executiva da Unión Local que terá coñecemento de todo o que alí se fale.

-Como queda entón a estrutura despois desta reforma?

- A executiva da CIG da Unión Local do Porriño contituirase o día 15 de xaneiro e a do Morrazo, outra das tres unións locais que ten a comarca de Vigo, constituirase o día 23, un día máis tarde que a do Baixo Miño. Vaise facer unha remodelación dos organigramas, de feito eu constaba dentro do secretariado da Unión Local do Porriño. Ata o de agora a comarca de Vigo tiña a Unión Local do Morrazo, a de Vigo e a do Porriño que engloba o territorio que vai dende Crecente ata Oia, agora sumámonos nós como unha Unión Local independente.

- Cantos afiliados achega a comarca do Baixo Miño á CIG?

- Estamos sobre os mil cincocentos afiliados. Aplicamos para calculalo unha fórmula polo feito de sacar unha determinada cota pero anda arredor desa cantidade ou incluso un pouquiño máis.

- Que medidas proporiades para mellorar situación laboral dentro da comarca do Baixo Miño?

- Ese é un tema bastante complexo. Nesta zona o mar segue a ter unha explotación importante aínda que a flota non atraca no porto de Vigo, xa que, están faenando na zona do Índico e Atlántico Norte. Non se ten a percepción de antes onde se vían por esta zona moitos máis mariñeiros que nalgúns casos viñan do estranxeiros filipinos, malaios que incluso residían por esta zona. Hai que ter en conta que A Guarda ten a flota de peixe espada máis grande de todo o mundo. Na Guarda hai neste momento preto duns noventa barcos. A outra parte importante dentro da economía da zona é a construción que nesta comarca está a sufrir a mesma problemática que no resto do país. E este sector de forte presencia arrastra ao resto da economía, se non hai consumo tódolos sectores se resisten. Por iso calquera modificación a realizar non pasa por unha nova reforma laboral onde se lle recorten dereitos aos traballadores, como se está empezando a falar. Se a parte máis débil vai a ser que estea a pagar sempre as consecuencias a cousa non vai ben. Sería preciso unha modificación do sistema.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >