Advertisement
Puntogal
Caixa Galicia confirma que KPMG xa traballa na auditoría e asegura que dará a maior colaboración PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 04 de diciembre de 2009

José Luís Méndez
José Luís Méndez
A empresa KPMG xa empezou a traballar na auditoría externa de Caixa Galicia, segundo confirmou a esta entidade financeira, que manifestou a vontade de colaborar con todos os datos que se lle requiran para "achegar a máxima luz a todo o proceso" de análise da viabilidade da fusión das dúas caixas galegas que promove a Xunta.

Así, Caixa Galicia indicou que as respectivas divisións da entidade irán achegando todos os datos que os auditores requiran para explorar as finanzas da caixa, tal e como se acordou coa Xunta, do mesmo xeito que no caso de Caixanova.

Fontes consultadas mostráronse confiadas en que as auditorías das dúas caixas poderían realizarse "bastante rápido" e incluso barallaron que puidesen estar listas entre finais de ano e principios do próximo, co que coincidiría coa aprobación no Parlamento de Galicia da reforma da Lei de Caixas, prevista para o próximo 30 de decembro.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >