Advertisement
Puntogal
A Xunta autoriza 160 estudos universitarios de máster e doutoramento adaptados ao Plan Bologna PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 04 de diciembre de 2009

Logotipos das tres universidades galegas
Logotipos das tres universidades galegas
O Consello da Xunta deu o visto e prace ao decreto polo que se autoriza a implantación de estudos universitarios oficiais de máster universitario e de doutor nas tres universidades galegas para este curso 2009-2010, dentro do proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). En total, son 160 títulos, dos que 106 son adaptacións ao novo sistema que abre o Plan Bologna, 30 son novos estudos de máster e 24 son novos estudos conducintes ao título de doutor.

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, felicitou ás tres universidades que integran o SUG (Sistema Universitario Galego) pola súa "colaboración estreita" coa Consellería de Educación para acometer esta adaptación "en prazo e de común acordo". Dos 160 títulos, 83 corresponden a estudos de master e 77 a programas de doctoramiento.

No proceso de transformación do SUG ao EEES, que deberá estar finalizado no 2010, a Consellería de Educación e as distintas universidades realizaron un importante esforzo de simplificación para unificar os antigos doutoramentos non viables ou con características moi semellantes, e evitar así a duplicidade de contidos.

Doutra banda, o Consello autorizou ao conselleiro de Educación para a sinatura dun convenio co Ministerio de Educación para o programa de apoio á implantación da Lei Orgánica de Educación (LOE). A Xunta achegará máis de 7,9 millóns de euros para financiar iniciativas de desenvolvemento da lei, mentres que o Goberno central achegará case 5,4 millóns.

O acordo fíxase en cinco grandes programas de actuación, entre os que Alfonso Rueda destacou a formación do profesorado--especialmente a aprendizaxe de linguas estranxeiras--, a loita contra o fracaso escolar e o abandono dos estudos ou o fomento de actividades extraescolares. Estas dúas últimas accións levaranse a cabo en colaboración cos concellos.

Normalizacion lingüística

Así mesmo, o Consello aprobou un convenio de colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o fomento do uso do galego na administración local. A Xunta achega un investimento de 600.000 euros e o seu compromiso é dobre: "por unha banda, coa normalización e o fomento do uso da lingua e, por outra, cos concellos galegos".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior