Advertisement
Puntogal
Lorena Luaces venceu nos 5 km. marcha en ruta de Toledo PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 03 de diciembre de 2009

Lorena Luaces
Lorena Luaces
Bo comezo de tempada de Lorena Lauces que interviu en Toledo na proba de 5 km. marcha en ruta e inscribiu o seu nome como vencedora cun tempo de 22.41. Este rexistro suponlle mellorar a marca anterior galega que estaba en posesión de Carmen Boné con 23.15 desde o ano 2006.

A proba desenvolveuse nunha agradable tarde-noite na avenida da Reconquista, que como vén sendo habitual, preestrena, cunha aceptable presenza de público, as luces de Nadal de toda a súa arboreda para dar a benvida a máis dun centenar e medio de marchadoras e marchadores procedentes de toda España. A  galega do Ourense Academia Postal Lorena Luaces, 4ª absoluta nos estatais de ruta (20 km.) e pista (10km.) da tempada pasada, superou con autoridade a compañeiras da talla da aragonesa Mª José Poves, vencedora da edición de 2006 e que nesta ocasión só puido ser 2ª, Rocío Florido ou Ainhoa Pinedo, prata e bronce absoluto no campionato de España de 10.000 m. en pista de 2009, entre outras.

A galega, con 22:41, logrou 6 segundos de vantaxe sobre a atleta do Scorpio-71, e quedou a tan só 8 de igualar a plusmarca da proba sobre 5 km. de María Vasco de 2007. A terceira praza foi para a promesa española de orixe húngara Julia Takacs (22:56), vixente campiona de España promesa en ruta e pista e subcampiona absoluta en ruta de 20 km. Pola súa banda, a portuguesa Ana Cabecinha, 8ª nos JJ.OO. de Pequín, terminou 4ª con 23:10.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior