|
A Xunta di que a proposta de fusión das caixas galegas busca 'que ningunha estea por riba da outra' |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
jueves, 03 de diciembre de 2009 |
 Alfonso Rueda O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, explicitou que a aposta da Xunta por unha fusión "igualitaria, paritaria e equilibrada" entre Caixa Galicia e Caixanova implica que "ninguén se vai impoñer á outra parte". O que se pretende, engadiu, é que "ningunha caixa se poña por riba da outra senón que traballen unidas".
En roda de prensa tras a reunión semanal do Consello da Xunta--que presidiu Rueda ante a ausencia por viaxe do presidente Alberto Núñez Feijóo--, o titular de Presidencia sinalou que agora "haberá que esperar" a que se finalicen as auditorías encargadas pola Xunta e a que avancen as negociacións das caixas. Preguntado polas críticas do alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, ao que considera "intervencionismo" por parte da Xunta, Alfonso Rueda replicou que "xa non se sabe se [Caballero] fala como alcalde de Vigo ou en representación dalgún consello de administración". Así mesmo, sinalou que as declaracións do rexedor vigués supoñen unha "desautorización ao seu propio partido e incluso ao seu propio pleno municipal", xa que este apostou por unha solución de futuro para as caixas galegas que garantice a solvencia e galeguidade das entidades. "Con isto, as críticas son aínda máis difíciles de entender", apostilló Rueda. Fontes da Xunta indicaron que estaba previsto que os traballos das 'due diligence' encargadas pola Xunta para "certificar a solvencia económica e financeira dunha caixa galega unida" desen comezo de inmediato, e están a cargo da consultora KPMG.
Trackback(0)
|