Advertisement
Puntogal
Medio Rural mellorará os accesos a viñedos e adegas PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 03 de diciembre de 2009

Samuel Juárez Otero, conselleiro do Medio Rural
Samuel Juárez Otero, conselleiro do Medio Rural
O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Otero, presentou nos concellos pontevedreses de Cambados e O Rosal o Plan de Mellora dos Accesos ás Explotacións Vitivinícolas en concellos da Denominación de Orixe Rías Baixas. Esta iniciativa enmárcase nun plan global de infraestruturas que abrangue o conxunto das D.O. de viño de Galicia.

Nestas presentacións participaron cooperativistas, adegueiros e alcaldes dos diferentes concellos que integran esta D.O. Tamén estiveron presentes o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

O obxectivo deste plan, dotado cun orzamento total de 3 millóns de euros, é impulsar e manter o cultivo en zonas de denominacións de orixe, mellorando as infraestruturas de acceso a viñedos e adegas.

As actuacións incluídas no plan refírense á compactación da plataforma das vías, colocación ou reparación de tubos de drenaxe, muros de contención, asfaltado e bacheo, entre outras.

O desenvolvemento destas obras require en primeiro lugar que os concellos definan os camiños que queiran incluír no plan, para posteriormente asinar os correspondentes convenios de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e os propios municipios, que permitan realizar, en concreto, as actuacións previstas.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >