 Rafael Moral Escudero, presidente da Asociación Colegas A provincia de Pontevedra é, con 486 novos casos rexistrados nos últimos tres años, a provincia galega na que se detectaron máis contaxios por VIH, segundo recolle un informe da Consellería de Sanidade, citado polo presidente da Asociación Colegas, Rafael Moral Escudero, con motivo da celebración do Día Mundial contra el SIDA.
Segundo afirmou Rafael Moral, se a media interanual galega de contaxios de VIH está en torno aos 76 casos por millón de habitantes, Pontevedra acada os 92, o que significa "que a nosa provincia cuantifica ao ano case 20 casos máis que o resto da comunidade", e avanzou que o informe da Xunta tamén sinala que o colectivo homosexual está sufrindo un proceso de incremento no que atinxe ao risco de infección por VIH, pasando do 19% dos casos no 2004 ata o 44%. Por iso, a Asociación Colegas porá en marcha unha ambiciosa campaña de concienciación contra a SIDA en toda Galicia, que terá como obxectivo primordial "achegar ós mozos e mozas a realidade do SIDA", para o que se porán en marcha parolas en centros educativos, fomentarase a educación sexual e facilitarase información de cara á adquisición dunha responsabilidade social nesta materia. A campaña, que se realizará co eslogan "Ponlle corazón", "chegará á xente en forma de 5.000 corazóns antiestrés de escuma e centos de carteis nos que se perfila un corazón feito de palabras, ideas e conceptos que reflexan os temas que, a cotío, xiran a redor da SIDA", segundo indicou Rafael Moral. Pola súa banda, a vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, que anunciou o apoio da institución provincial a esta campaña, afirmou que "as armas claves para evitar esta enfermidade que afecta a millóns de persoas no mundo son a sensibilización e a prevención", e neste sentido comprometeuse a colaborar coas asociacións que realizan tantas actividades de prevención e sensibilización como de apoio e formación aos colectivos afectados.
Trackback(0)
|