Advertisement
Puntogal
O paro sube por cuarto mes consecutivo e deixa 7.905 desempregados máis que en outubro PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
jueves, 03 de diciembre de 2009

Ana María Díaz, directora xeral de Formación e Colocación
Ana María Díaz, directora xeral de Formación e Colocación
O paro aumentou un 3,78% en Galicia durante o pasado mes de novembro, no que 7.905 persoas incorporáronse ás listas do Instituto Nacional de Emprego (Inem) e o número total de desempregados na comunidade galega suma xa 216.828 persoas.

Trátase do cuarto mes consecutivo no que o paro aumenta en Galicia, segundo os datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. No conxunto estatal, o desemprego aumentou un 1,6% (60.953 parados máis), é dicir, que as cifras galegas de desempregados son máis do dobre da media estatal.

De feito, Galicia é a terceira comunidade autónoma con peores datos, por baixo de Baleares (onde o paro subiu un 10,12 por cento) e Cantabria (cunha subida do 5,39 por cento). No conxunto de España, o incremento é moi inferior ao do pasado ano, que foi de 171.243 persoas, e achégase paulatinamente aos niveis medios dos meses de novembro que, entre 2001 e 2007, foi de 44.000.

A evolución interanual revela un incremento dun 19,91% en Galicia, ao haberse anotado no Inem 36.008 persoas máis. Esta taxa mantén á comunidade --do mesmo xeito que sucedía en outubro-- por baixo da media estatal, do 29,43%, con 879.677 desempregados máis que fai un ano; e como a terceira autonomía co menor incremento porcentual, xunto con Andalucía (19,9%) e Estremadura (18,49%).

Por provincias, Lugo rexistrou a peor evolución porcentual no último mes, cunha subida do 5,5% do desemprego (1.083 novos parados); seguida de Ourense, onde 1.101 persoas que pasaron a engrosar as listas dos servizos de emprego, o que supón unha subida do 4,69%; de Pontevedra, con 3.071 parados máis e unha subida do 3,77%; e da Coruña, con 2.650 desempregados máis e un aumento porcentual do 3,14%.

Por sexos, 118.967 parados son mulleres, fronte a 97.861 homes. Por idades, os menores de 25 anos alcanzaron en novembro a cifra de 23.663, dos que 13.011 son homes e 10.652 mulleres.

Por sectores, os servizos volven converterse no sector que máis desempregados achega ás listas do Inem, con 3.797 incorporacións en novembro e un total de 120.913 desempregados. Séguenlle o sector da construción, con 1.521 incorporacións e 33.250 parados; a industria, con 974 incorporacións ás listas do Inem e 32.992 desempregados; e a agricultura, con 259 incorporacións e un total de 5.846 parados no sector.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >