Advertisement
Puntogal
Galicia Bilingüe presenta a fórmula para implantar nas aulas a elección de idioma e pide rapidez PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 01 de diciembre de 2009

Gloria Lago, Jose Manuel Posada  e Jesús Vázquez
Gloria Lago, Jose Manuel Posada e Jesús Vázquez
A presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, presentou na Coruña a proposta da súa asociación para implantar a libre elección de idioma no ensino e instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a cumprir "con rapidez" os compromisos electorais que formulou neste sentido, como a inclusión dun recadro coa pregunta vinculante no sobre de matrícula.

En roda de prensa, Lago explicou que a súa proposta susténtase na premisa de que sexan os pais, ou os alumnos, quen escollan o idioma vehicular das materias troncais, que as demais materias se impartan na outra lingua oficial e que os estudantes poidan usar libremente o galego ou o castelán en clase, nos exames e no material didáctico. "Así, estudarían as materias máis difíciles na súa lingua materna, pero todos manterían o contacto cos dous idiomas", puntualizou. Deste xeito, un alumno de primaria estudaría 14 horas na lingua elixida e 9 na outra oficial.

Na súa opinión, esta fórmula implicaría "un paso adiante cara á liberdade e cara ao que é mellor para os alumnos" e correspóndese co que o presidente da Xunta anunciou na súa campaña electoral. "É o que prometeu Feijóo e o que pedimos", subliñou, e insistiu en que se podería aplicar xa este sistema no próximo curso "se realmente houbese vontade política", dixo.

No caso dos centros con só unha aula por curso, a asociación admite que as materias troncais se ensinen na lingua elixida pola maioría, pero insiste en que todos os alumnos deberían poder expresarse no idioma da súa elección.

A voceira fixo fincapé en que a proposta "non separa aos alumnos por razón de lingua", malia que a clasificación dos estudantes nas distintas aulas si se faría en realidade en función do idioma elixido.

Lago lembrou que os pais galegos "xa apostamos claramente pola elección de lingua" na consulta realizada en xuño pola Consellería de Educación.

Así, destacou que nos cursos de primaria o 54,6% das familias decantáronse polo castelán, o 18,3% polo galego e o 25,05% por un emprego igualitario das dúas linguas. "Aínda que algúns empéñense en dicir o contrario, o resultado foi que o 72,9% dos pais non quere un emprego igualitario dos dous idiomas", remarcou.

Galicia Bilingüe enviará a súa proposta a Educación, ás asociacións relacionadas co ensino e ao presidente da Xunta, ao que advertiu de que "se para cumprir unha promesa ten que cambiar normas que están na súa man cambiar, que o faga", dixo en alusión á Lei de Normalización Lingüística.

Sobre o borrador do decreto da lingua no ensino que prepara a Consellería, asegurou non ter constancia do seu contido e lembrou que tería que haberse presentado xa en setembro para a súa aprobación en Nadal. "Intentamos dar luz sobre todo isto e igualar a nosa situación co que xa ocorre nos países europeos, porque o que se está facendo agora nas aulas é unha discriminación", concluíu, tras lamentar que se están "antepondo" intereses económicos e políticos á Educación.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >