Advertisement
Puntogal
Núñez Feijóo anunciará mañá a postura do Executivo galego sobre o futuro das dúas caixas PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 01 de diciembre de 2009

Núñez Feijóo
Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convocou para mañá a todos os axentes implicados para trasladarlles a posición do Goberno de Galicia sobre o futuro das dúas caixas galegas (Caixa Galicia e Caixanova). As reunións entre o Goberno galego e os representantes das caixas continuarán durante o día de hoxe.

O presidente da Xunta, segundo informa o Executivo galego, en cumprimento do compromiso adquirido a pasada semana nas reunións que mantivo coas caixas de aforros, cos grupos de oposición, cos empresarios e cos sindicatos, trasladará a postura do Executivo galego.

Alberto Núñez Feijóo manterá mañá un encontro cos sindicatos. Será ás 10.00 horas. Ás 10.30 horas reunirase cos empresarios galegos. E ás 11.00 horas citarase cos grupos políticos da oposición. Todas as reunións serán no Pazo de Raxoi, na compostelá praza do Obradoiro. Unha vez finalizados os contactos, segundo explica o propio Executivo galego, o presidente da Xunta comparecerá ante os medios de comunicación para facer pública a postura do Executivo autonómico.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >