Advertisement
Puntogal
Fomento afirma que o AVE Santiago-A Coruña estará en funcionamento con dobre vía antes de fin de ano PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 01 de diciembre de 2009

Tramo do AVE galego
Tramo do AVE galego
O subdirector xeral de Planificación e Proxectos do Ministerio de Fomento, Francisco Javier Sánchez Ayala, confirmou que o que tramo Santiago-A Coruña de alta velocidade ferroviaria estará en funcionamento con dobre vía antes de que finalice o ano. Así asegurouno na súa intervención nas xornadas "Infraestruturas en Galicia. Plan MOVE: Plan de Mobilidade 2009-2015", que se desenvolveron en Santiago de Compostela.

Así mesmo, Sánchez Ayala sinalou que, tamén antes de que finalice o ano, o Ministerio de Fomento licitará o último tramo do acceso a Vigo da AVE, é dicir, o tramo inmediatamente posterior ao túnel da Madroa.

Na súa intervención, o responsable ministerial sinalou que están en obras 87 quilómetros da AVE do Eixe Atlántico A Coruña-Vigo. A sección máis avanzada é a sección norte--Santiago-A Coruña--, que estará en funcionamento con dobre vía antes de que finalice o ano, coa entrada en servizo dos dous tramos que estaban pendentes. Trátase dos tramos Cerceda-Meirama-Bregua, de 13 quilómetros, e Uxes-Pocomaco-San Cristóbal, de seis quilómetros.

Unha vez que o AVE estea en funcionamento en Galicia está previsto que o número de usuarios do transporte ferroviario na comunidade se multiplique por tres. Así, pasarase dos máis de dous millóns de usuarios que se rexistraban no ano 2002 aos case sete millóns de usuarios previstos para 2015.

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asegurou que o Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica--plan MOVE-- contará o próximo ano con 522 millóns de euros, o que supón un incremento do 13 por cento en relación aos obxectivos iniciais do plan para 2010.

Nunhas xornadas sobre infraestruturas en Galicia, Hernández resaltou o "pulo definitivo ás infraestruturas" que se dará o próximo ano, coincidindo coa celebración do Ano Santo. O proxecto, segundo lembrou o conselleiro, confeccionouse de acordo con catro principios fundamentais: orientar as políticas de infraestruturas ao servizo, mellorar as condicións de accesibilidade e de mobilidade das persoas, que sexan sostibles e, por último, garantir a seguridade no transporte.

Entre os obxectivos do plan MOVE, lembrou Agustín Hernández, figura o de conseguir que, no 2015, un 80 por cento da poboación sitúese a menos de dez minutos dunha vía de altas prestacións. Así mesmo, investirase un 10 por cento do orzamento total do plan a seguridade vial na rede autonómica.

As peaxes, continuou, "deben deixar de ser unha barreira para as persoas en Galicia", polo que "flexibilizará" o sistema de peaxes nas autoestradas galegas atendendo a criterios de "coherencia, globalidade, progresión e universilidade".

Finalmente, lembrou que o plan MOVE activará unha importante actividade económica--inducida pola obras pública--, xa que está previsto que o volume de licitacións permita mobilizar 71.000 empregos en toda Galicia ata o ano 2015.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >