Advertisement
Puntogal
Manuel Rivas expón no seu último libro que 'o mundo pode ser pensado desde Galiza' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 01 de diciembre de 2009

Manuel Rivas e Manuel Bragado durante a presentación do libro
Manuel Rivas e Manuel Bragado durante a presentación do libro
O escritor galego Manuel Rivas presentou en Santiago o seu último libro, 'Episodios galegos, tempo de esperpento', un ensaio no que funde o xornalismo e a literatura para realizar un retrato da Galicia actual. Manuel Rivas, acompañado polo director da editorial Xerais, Manuel Bragado, repasou de forma concienciuda os capítulos que compón 'Episodios Galegos', un libro que segundo o autor, non sería posible "sen o traballo en equipo" e o "agarimo" achegado pola editorial Xerais.

Dacabalo entre a crónica xornalística e o ensaio literario 'Episodios galegos' defende, en palabras de Rivas, "que o mundo pode ser pensado dende Galiza" e que non necesitamos "uns lentes de prestado" para ver a realidade desde unha perspectiva plural.

Durante a presentación do libro, o escritor denunciou que o "proceso de roubo do sentido das palabras" comporta a subtracción da cultura e a identidade galega. Para o escritor en Galicia pasouse do lema, "construír país", á tónica actual de, "deconstruír o país".

Neste sentido, no libro menciona a "neolingua" da que falaba George Orwell na súa obra '1984' que, segundo Manuel Rivas, exténdese como "un virus da desmemoria e fai que o que digan as persoas signifique o contrario do que din", facendo referencia ás accións de política lingüística levada a cabo en Galicia nos últimos anos.

Neocaciquismo posh

Mediante o uso dun humor "punzante", Rivas acuña a existencia dunha Neogalicia en onde o antigo caciquismo fundiuse co neoliberalismo para dar lugar ao que o escritor chama, neocaciquismo 'posh'. Segundo as súas propias palabras, o neocaciquismo nútrese dun xeito de gobernar en Galicia que mestura "o pau e a cenoria" coa "obriga, a represión e os favores", dixo.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >