Advertisement
Puntogal
Municipalismo Ad Hoc PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 16
MaloBon 
Escrito por Rafael Cuiña   
lunes, 30 de noviembre de 2009

As veces para o común dos mortais é complicado seguir a terminoloxía empregada pola nosa caste política. Esta pasada fin de semana, escoitaba como algún procer pontevedrés falaba da súa clara aposta polo “municipalismo”, termo que dentro da política local significa todo, mais dentro da verborrea insustancial, non significa nada.

É por todo elo, que ese tipo de apostas o que buscan é o poder municipal, a poltrona “deputacional” e o status político-social. Cando aínda falta ano e medio para os comicios locais, os distintos partidos xa van tomando posicións cara eles, buscando candidatos axeitados para desenvolver as políticas marcadas dende os cuarteis xerais, e o que é máis importante, para defender bastións que sirvan de sustento as ambicións políticas dalgúns que sen presentarse nelas encabezándoas, as utilizan para acceder a órganos de poder institucional, dende as cales manexan recursos públicos ao seu antollo, mirando máis, na maioría dos casos, o rendemento en votos e a servidume do rexedor local, que as necesidade reais dos Concellos. Debe ser relativamente doado conservar por abrumadora maioría unha presidencia provincia dunha provincia, se o que se presenta é ao mesmo tempo o que manexa dende a Deputación as subvencións aos Concellos, e a nai de tódolos poderes para unha deputación, o parque de maquinaria, que posibilita o bacheado daquelas corredoiras, que posteriormente produce o agradecemento dos veciños ao alcalde de quenda, e o de este ao presidente deputacional “benfeitor” cos cartos de todos. Algúns utilizan as deputacións como meros entes controladores de vontades de Alcaldes, e esas institucións supramunicipais, se non evolucionan ao mesmo tempo que a sociedade, rematan sendo órganos de caciqueo, máis que de apoio ás castigadas tesourerias dos concellos.


O “municipalismo” no entorno do PSdeG e o BNG ten mala pinta no futuro inmediato, pois a caótica situacións nestes momentos das dúas organizacións fan que o PP por acción ou por omisión o teña ben canalizado cara esa cita electoral, co cal o autoengano dos populares pensando que o mérito é deles, sen ver o demérito do adversario, pode provocar que algúns líderes pensen que a súa xestión sexa un reflexo do que a sociedade quere, e que a súa figura política sexa imprescindible para ela, cometendo desa maneira o primeiro erro dun político, que non é outro que crer o que ti desexas, e polo tanto evadirse da realidade, mais eu recórdolle a esta clase de “iluminados”, que ata Frodo finalmente tivo que ceder o poder do anel...


Ou non?

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >