|
O programa Xacobeo Importa presenta en Galiza dez concertos de grupos e artistas internacionais |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 30 de noviembre de 2009 |
 Pazo da cultura de Pontevera O festival Xacobeo Importa inaugurarase o mércores no Palacio da Cultura de Pontevedra co concerto da banda indie folk americana, Vetiver, liderada polo compositor Andy Cabic. O grupo estará acompañado por Fruit Bats, outra das bandas do selo Sub Pop.
O ciclo Importa celebra esta nova edición coincidindo coa celebración do Xacobeo 2010 para cumprir unhas expectativas "máis ambiciosas", despois do éxito que obtivo coas pasadas edicións. O festival constará de dez concertos que presentarán a artistas internacionais de referencia que nunca visitaron Galicia, como Joan Baez, a máxima figura da canción protesta americana, que xorde na América dos anos 60 a raíz da Guerra de Vietnam, e que actuará o vindeiro 5 de marzo no Centro Cultural Caixanova de Vigo. O festival Xacobeo Importa pretende achegar o público galego, grupos e artistas do circuíto independente que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia merecen ser presentados en actuacións únicas e en formatos especiais. A programación do ciclo busca a diversidade nos estilos musicais, incorporando artistas próximos ao pop, á música folk, ao rock máis adulto ou á fusión de músicas do mundo. O festival Xacobeo Importa manterá como centro de actividade Santiago de Compostela, pero tamén organizará concertos noutras cidades da comunidade como Pontevedra, A Coruña, Ourense e Lugo.
Trackback(0)
|