Advertisement
Puntogal
Grande éxito para a primeira edición de AchegArte PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 30 de noviembre de 2009

Asistentes á feira cultural Achegarte
Asistentes á feira cultural Achegarte
A festa da cultura galega superou as previsións de asistencia, con máis de 20 mil visitantes na primeira xornada que se interesaron polo amplo programa de actividades. Un éxito do mundo da cultura, e sen precisar o apoio da Xunta. A sentenza "mellor sen a Xunta"  foi unha das máis escoitadas por parte dos protagonistas deste escaparate cultural.

Superado o primeiro atranco da decisión gobernamental de non reeditar o Culturgal, o sector felicitouse deste éxito que acada cifras semellantes ás do Culturgal do ano pasado. O Palexco e o Kiosco Alfonso, centros neurálxicos da produción artística, literaria, audiovisual ou teatral, foron un constante rebumbio de visitantes.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >