Advertisement
Puntogal
A CIG elexiu aos secretarios comarcais de Vigo, A Coruña e Compostela PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 30 de noviembre de 2009

Momento da votación
Momento da votación
A CIG acometeu nesta fin de semana os procesos electorais para elexir as novas directivas en tres das súas agrupacións comarcais. Así o sábado A Coruña, Compostela e Vigo acudiron ás urnas para elexir aos seus novos representantes. No caso da Coruña e Compostela optaron pola reelección mentres que en Vigo Xerardo Abraldes, tras doce anos de liderado, deixou paso a Serafín Otero.

Vigo escolle a Serafín Otero como novo secretario comarcal

O evento tivo lugar no Salón de Actos da Faculdade de Económicas. Desde as dez menos cuarto e até as catro da tarde celebrouse o V Congreso Comarcal da CIG de Vigo. Nel avaliouse o traballo realizado pola comarca de Vigo nos últimos catro anos a través do Informe da Executiva, que foi aprobado. Ademais escolléronse o novo secretario comarcal, a nova executiva comarcal e os 19 representantes da comarca de Vigo no Consello Confederal.

Placer Vila, secretaria de organización da CIG de Vigo até este V Congreso, foi a encargada de dar a benvida ás e aos congresistas que asistiron a este encontro. Saudou tamén ás delegacións convidadas da CGTP do Porto e de Viana do Castelo. O regulamento congresual foi aprobado por unanimidade.

Despois votouse a ratificación da Unión Local do Baixo Miño, que representa aos concellos de Oia, Tomiño, A Guarda e O Rosal, que foi aprobada por unanimidade a creación desta unión local.

Os resultados das votacións foron os seguintes:

- O novo secretario comarcal será Serafín Otero, ao obter 189 votos, fronte aos 131 votos que obtivo Consuelo Martínez.

- A Executiva Comarcal está composta por Segundo González, ao obter 1 representante a lista que encabezaba, con 22 votos e o 7% de representación, Consuelo Martínez, Placer Vila, e Vitor Mariño, da lista encabezada por Consuelo Martínez, que obtivo 112 votos, e o 35,66% de representación, e Serafín Otero, Pilar Rodríguez, Cándido Gonzálvez, Chelo Lago e Anxo Iglesias da lista encabezada por Serafín Otero, que obtivo 181 votos, e o 58,19% de representación.

- Dos 19 postos a cubrir pola comarca de Vigo no Consello Confederal o reparto é o seguinte: Fernando Acuña, con 19 votos, Consuelo Martínez, Placer Vila, Vitor Mariño, Salustiano Guerra, Ana Meijide, Bruno Salgueirón e Antón González, por esta lista con 112 votos, e Serafín Otero, Henrique Pérez, Pilar Rodríguez, Cándido Gonzálvez, Chelo Lago, Anxo Iglesias, Xesús García, Elvira Iglesias, Emilio Alonso, Ramón González Boán e Beatriz Caamaño, con 181 votos.

 

O IV Congreso da CIG de Compostela reelixe a Anxo Noceda como secretario comarcal
Anxo Noceda foi reelixido secretario comarcal con 129 votos, fronte aos 62 que obtivo Eduardo Sebio. Para a Executiva Comarcal, a candidatura encabezada por Noceda recibiu 130 votos, fronte aos 61 obtidos pola encabezada por Sebio. Ademais, o IV Congreso aprobou o Informe de Xestión da Executiva saínte con 121 votos a favor, 58 en contra e 3 abstencións. Un informe no que se salienta o espectacular medre de afiliación experimentado na comarca de Santiago, superior a un 50% e que a central se situou, nesta comarca, no primeiro posto unha vez rematado o último proceso concentrado de eleccións sindicais.
Executiva comarcal
Segundo os resultados das votacións, a nova Executiva Comarcal queda composta polos seguintes membros: Anxo Noceda Carballo, Xan García Suárez, Xosé Maio Abeixón, Renato Núñez da Silva, Lucía Freire Ces,Eduardo Sebio Molguero, Rafael Peña Vidal
Consello Confederal
Para o Consello Confederal a candidatura encabezada por Anxo Noceda recibiu 127 votos, fronte aos 65 da encabezada por Eduardo Sebio. Segundo isto, pasan a formar parte do Consello Confederal, pola comarca de Santiago: Anxo Noceda Carballo, Renato Núñez da Silva, Inácio Pavón Barbagelata, Teresa Vidal Pose, Manuel Anxo Álvarez Amado, Eduardo Sebio Molguero, Xan Carlos Ansía Rodríguez, Bautista Vega Tato
 
O reelixido secretario comarcal adiantou que dados os positivos resultados da liña de acción sindical desenvolvida pola central na comarca de Compostela nestes últimos non catro, senón 12 anos, para o próximo período manteríase a mesma liña. De feito, no informe de xestión saliéntase ese incremento de afiliación superior ao 50%. Incremento que foi superior ao 100% na Federación de Metal (102%), seguida da de Servizos, cun 65%, Banca, cun 63%, Ensino, co 59%, Construción, Administración, Químicas e Saúde, por riba todas do 30% e a FGAMT, cun 26%. Un medre que Noceda, relacionou coa cada vez maior capacidade mobilizadora da central sindical na comarca e coa liña de acción sindical mantida durante este período. 

Paulo Carril, reelixido Secretario Comarcal da CIG de A Coruña co 92% dos votos
A V Asemblea Comarcal da CIG de A Coruña volvía elixir a Paulo Carril como Secretario Comarcal, ao acadar a súa candidatura 172 dos 187 votos emitidos polos delegados e delegadas que participaron no proceso. Así mesmo, quedou aprobado por unanimidade o Informe de Xestión presentado pola Executiva saínte, no que se reflicte o importante incremento da representatividade e do número de afiliados/as rexistrado nos últimos catro anos.
Pouco despois das nove da mañá deste sábado 28 de novembro comezaban a chegar ao Paraninfo da Maestranza os/as congresistas que ían participar na V Asemblea Comarcal da CIG de A Coruña para elixir ao novo secretario comarcal, á Executiva e aos membros que representarán á comarca no Consello Confederal, máximo órgano de goberno da central nacionalista.
A secretaria de Organización, Dores Martínez, foi a encarga de ler a saúda inicial desta V Asemblea, que se desenvolveu baixo o lema “Por un novo sistema económico e social, polo Dereito a Traballar na Nosa Terra”. A continuación da que se procedeu ao debate e votación do Informe de Xestión.
Votación do Informe de Xestión
O Informe de Xestión, que foi aprobado por unanimidade, parte da análise da situación económica e sociolaboral da comarca de A Coruña, caracterizada polo actual momento de profunda crise económica, xerado na base dunha economía especulativa, dun excesivo peso do sector da construción e servizos e nun progresivo desmantelamento do sector industrial e agropesqueiro. A implantación de novas áreas comerciais segue a ser unha constante, así como a destrución do sector industrial e a xeración dun emprego eventual e de precariedade.
Con especial preocupación vese o feito de que a contratación indefinida a xornada completa só acada o 9,53% do total, e tende a diminuír dende o 2006, mentres que a contratación temporal a tempo completo ocupa o 58.98% e a tempo parcial o 26.12%, nunha comarca que soporta case o 49% do índice de desemprego da provincia. A maiores, a situación de crise económica veu agravar estas cifras, e tan só no primeiro semestre de 2009 rexistráronse 2.634 expedientes autorizados na provincia.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >