Advertisement
Puntogal
Rafael Louzán presidirá de novo o PPdeG de Pontevedra ao ser reelixido con case o 98 por cento PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
sábado, 28 de noviembre de 2009

Rafael Louzán
Rafael Louzán
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, foi reelixido como presidente do PPdeG da provincia de Pontevedra despois de obter o respaldo dun 97,82 por cento dos 825 votos emitidos polos compromisarios do XV Congreso provincial celebrado na cidade de Pontevedra.

Durante a súa intervención xa como presidente electo, Rafael Louzán, que obtivo 807 votos válidos dos 825 emitidos, afirmou que a súa nova executiva "combina experiencia e zume novo para asemellarse no posible á sociedade que representa", e coa que traballará para recuperar nas próximas eleccións municipais o maior número de alcaldías posibles, especialmente as de Vigo e Pontevedra, e manter así o control da Deputación provincial.

Na nova executiva do PPdeG pontevedrés continuarán os colaboradores máis estreitos de Rafael Louzán como o concelleiro de Vigo, José Manuel Figueroa ou o vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, que seguirán ostentando os cargos de vicepresidente, e secretario de organización, respectivamente, e o alcalde de Lalín, José Crespo, que será vicesecretario xeral.

A principal novidade da nova cúpula dos populares pontevedreses é a presenza como secretaria xeral, é dicir, "o número tres" do partido, de Begoña Estévez Bernárdez, avogada e funcionaria da Deputación, que ocupará o cargo de secretaria xeral, aínda que non é a única incorporación feminina a esta executiva, xa que se suman tamén a directora xeral de Comercio, Nava Castro e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares.

Ademais, os conselleiros de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e de Economía, Javier Guerra, a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, ou a deputada no Congreso, Ana Pastor, que será a coordinadora xeral de Política Nacional, forman parte desta nova executiva do PPdeG de Pontevedra.

Rafael Louzán, que encabezaba a única candidatura que se presentou neste XV congreso provincial mostrouse "confiado" no futuro do PPdeG pontevedrés, do que destacou que "soubo ampliar a súa base electoral" coa fichaxe de independentes, e que grazas ao "excelente "traballo realizado nos últimos anos, "seguiremos evitando ese obxectivo dos socialistas de derrubar o PP e de xubilarme".

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >