Advertisement
Puntogal
O PP faise coa alcaldía de A Veiga tras prosperar a moción de censura de populares e independentes PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
sábado, 28 de noviembre de 2009

A Veiga
A Veiga
O popular Edesio Yáñez recupera a alcaldía da localidade ourensá da Veiga tras prosperar  a moción de censura que presentaron o PP e a Agrupación Electoral Independente (AEIVE). O pleno extraordinario onde se debateu a moción de censura transcorreu por espazo dunha hora no centro multiusos de O Toural, que se converteu nun improvisado salón de plenos.

Os seis votos dos populares –cuatro edís - e independentes –dous edís - serviron para derrocar o ata agora alcalde socialista, Fernando Fernández, xa que os socialistas só contan con tres concelleiros na corporación municipal.

O rexedor socialista estivo arroupado por dirixentes socialistas como o actual secretario provincial, Raúl Fernández; o alcalde do Barco de Valdeorras e voceiro socialista na Deputación de Ourense, Alfredo García, ou o alcalde de Petín, Miguel Bautista, entre outros cargos socialistas. Partidarios do rexedor socialista presentáronse no centro multiusos de O Toural con pancartas en sinal de protesta ao xa rexedor popular, Edesio Yáñez, que impedían que continuase por veces coa súa quenda de intervención.

O actual alcalde foi moi abucheado cando aludiu a que o PP “gañou as eleccións na Veiga fai dous anos” e no momento en que resaltou que “recuperarán” a Feira de caza “Trevenatio”, que foi relevada polo ata agora goberno municipal polo Festival “Trevinca Folk”.

A Agrupación Electoral Independente iniciou este mandato municipal en coalición co PSOE pero, fai escasas datas, decidiu abandonar ao rexedor socialista e formalizar a moción de censura co PP. Os populares da Veiga estiveron arroupados pola secretaria xeral do PP en Ourense e alcaldesa de Cartelle, Carmen Leyte; o coordinador do PP na bisbarra de Valdeorras, Avelino García; e o edil do PP no Barco de Valdeorras e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Moisés Blanco.

O ex alcalde socialista, Fernando Fernández, foi aplaudido polos seus partidarios con vítores de “alcalde, alcalde” e iniciou a súa intervención como “aínda alcalde ecoloxista radical da Veiga ”que, segundo os socialistas, foi o principal motivo argumentado pola oposición popular para promover a moción de censura.


Edesio Yáñez converteuse no novo alcalde da Veiga despois do seu paso pola oposición tras ostentar xa o bastón de mando durante seis anos.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >