Advertisement
Puntogal
Máis de 800 compromisarios reelixirán o sábado a Rafael Louzán como presidente do PP en Pontevedra PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 27 de noviembre de 2009

Rafael Louzán
Rafael Louzán
"A forza dos concellos" será o lema do XV Congreso Provincial do Partido Popular de Pontevedra, que se celebrará este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra, no que un total de 840 compromisarios reelixirán a Rafael Louzán como presidente provincial, despois de que se presente esa única candidatura para liderar a nova executiva provincial.

"Se só se presenta unha candidatura neste congreso, será porque a actual executiva está facendo as cousas razoablemente ben", afirmou en roda de prensa o secretario de Organización do PP en Pontevedra, José Juan Durán, quen evitou confirmar o nome dos membros do partido que acompañarán a Louzán na candidatura, "só podo confirmar que está moi avanzada", dixo.

José Juan Durán asegurou que co lema elixido se pretende a "vocación profundamente municipalista do PP Provincial de Pontevedra que, aínda que conta nas súas filas con destacados militantes que desenvolven a súa función en institucións como a Xunta de Galicia, o Parlamento ou o Congreso dos Deputados, centra gran parte da súa orientación cara a administración local", engadiu.

Ademais, afirmou que "tamén referir que o PP provincial é a forza política maioritaria da provincia, a forza dos 62 concellos da provincia, xa que, tal e como reflicten os resultados electorais, e o partido máis votado na gran maioría dos municipios de Pontevedra", polo que os comunicados que se presentarán durante o congreso, e que versarán sobre "Financiamiento local", "Desenvolvemento sostible e mobilidade" e "Políticas sociais e emprego", terán un gran compoñente municipalista e estarán orientados á súa aplicación na administración local.

Compromisarios

Do total de 840 compromisarios, 670 son electos, 30 son representantes de Novas Xeracións e 140 compromisarios natos polos seus cargos noutras institucións, aínda que segundo explicou Durán está prevista a asistencia de numerosos convidados institucionais, representantes dos axentes sociais, de colectivos sectoriais e de diversos organismos e institucións públicas, polo que a asistencia superará as 1.100 persoas.

O congreso, que comezará ás dez da mañá, terá o seu acto de clausura a partir das 11.30 horas coa intervención dos presidentes provinciais da Coruña, Lugo e Ourense, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, o presidente electo, que será con toda probabilidade Rafael Louzán, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente estatal, Mariano Rajoy, que será o encargado de pechar o acto.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior