Advertisement
Puntogal
A asociación de Gandeiros Unidos de Vacún de Leite convoca unha 'tractorada' para o 7 de decembro PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 27 de noviembre de 2009

Tractorada realizada recentemente
Tractorada realizada recentemente
A asociación de Gandeiros Unidos de Vacún de Leite informou de que o día 7 decembro realizará unha concentración de tractores na explanada de Salgueiriños de Santiago de Compostela, que se manterá "ata acadar un acordo coa industria ", asegurou.

Mediante esta nova protesta, Gandeiros Unidos retoma as tractoradas que xa celebrou en xuño deste ano, con obxecto de denunciar unha situación que considera "caótica" na que "os produtores non poden facer fronte aos pagamentos de gastos correntes nin de amortizacións", indicou o colectivo nun comunicado.

Os gandeiros sinalaron que se retoma este tipo de protestas debido a que a "Administración non está velando" por que se leve a cabo o cumprimento do acordo pactado no mes de xullo entre industria e produtores.

As mobilizacións estarán apoiadas polos gandeiros da cornixa cantábrica e dirixiranse contra a industria, a distribución e a Administración xa que, segundo a asociación de gandeiros, "son os principais culpables desta situación de crise do sector ", conclúe sinalando o comunicado.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >