Advertisement
Puntogal
Touriño avoga por unha SIP entre as caixas galegas e critica as 'ambicións e intereses locais' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 27 de noviembre de 2009

Emilio Touriño
Emilio Touriño
O ex presidente da Xunta e deputado socialista Emilio Pérez Touriño defendeu a conveniencia de “explorar” un proxecto de Sistema Institucional de Protección (SIP) entre as dúas caixas galegas, que lles permitiría “xestionar en común e con máis eficiencia os riscos” e crear unha plataforma de futuro que, en caso de ser conveniente, podería ampliarse no futuro con outras alianzas nas que poderían entrar entidades foráneas.

Nunha conferencia organizada pola Fundación Iniciativas 21, Touriño criticou as “visións cortoplacistas e localistas”, defendeu a necesidade de que “Galicia non desapareza do mapa financeiro español” e indicou que valería “a pena” activar a SIP para xerar “unha nova institución financeira solvente e viable, xestionada con profesionalidade, transparencia, eficacia e ao servizo do país”.

O ex secretario xeral do PSdeG foi rotundo na súa mensaxe antilocalista. “É hora de que as ambicións e os intereses locais cedan o seu protagonismo á maioría social e á comunidade á que se deben”, sentenciou, resaltando que “as caixas non teñen máis doo que vos galegos, os do norte e o do sur” e incidindo en que a decisión final non é das caixas senón da Xunta e os cidadáns.

A necesidade de cambios, resaltou Touriño, é evidente. “Vai haber que moverse; guste ou non”, proclamou, rexeitando a opción “máis conservadora” de intentar manter o tamaño actual das entidades galegas. Sen embargo, alertou tamén das présas na renovación da lei de caixas, lembrando que a lexislación actual é de maio de 2005 e foi elaborada polo Goberno que presidía Manuel Fraga e do que formaba parte Alberto Núñez Feijóo.

“Preocúpame que as présas da nova lei, cando temos instrumentos xa existentes, poidan conducir a que terminemos pensando en termos de banca pública galega ou de ocupación das caixas galegas polos partidos políticos”, alertou, malia recoñecer a “xenerosidade e lealdade” dos partidos da oposición neste tema.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >