 Visita de Tourís a Oia O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de Oia para analizar, en compaña do alcalde da vila, Alejandro Rodríguez, e dos veciños afectados, a situación que atravesa o municipio dende as riadas de 2006 e que provoca constantes inundacións.
O delegado territorial pudo comprobar in situ os danos que está a sufrir boa parte do municipio ao non concluirse as obras pendentes dende o 2007 e prometidas polo bipartito para paliar e evitar novas riadas coma as do ano 2006. Durante a visita, os veciños que se viron afectados polas últimas crecidas do río tamén lle transmitiron a súa valoración a Cores Tourís trasladándolle, en especial, a súa preocupación pola situación que veñen arrastrando dende a época das fortes riadas de fai tres anos. Neste senso, o delegado comprometeuse a estudiar unha solución para intentar minimizar os danos que provoca a crecida do río coa chegada da tempada de choivas e, deste xeito, avanzoulle ao alcalde da vila a posibilidade de por en marcha un proxecto de obras a tres bandas entre a administración autonómica, a local e a Deputación de Pontevedra. José Manuel Cores Tourís indicoulle tamén a Alejandro Rodríguez que deberán ser a Consellería de Medio Rural xunto con Augas de Galicia os organismos que evalúen, a través dos seus técnicos, a mellor das solucións para evitar que se inunde “unha e outra vez unha boa parte do concello”. Por outra banda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén se comprometeu a retomar o proxecto para a ampliación do drenaxe transversal da PO-552 (estrada que enlaza Baiona-A Guarda) en Viladesuso. “O obxectivo desta obra é evitar as continuas inundaciónx que sufren as casas deste entorno”, explicou Cores Tourís, quien insistiu en que, coa ampliación desta drenaxe “poderase aumentar a capacidade de canalización da agua hacia o mar, evitando así os encharcamentos”.
Trackback(0)
|