Advertisement
Puntogal
Pontevedra acollerá o I Salón de Enoturismo de España PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 26 de noviembre de 2009

Presentación do Salón de Enoturismo de Pontevedra
Presentación do Salón de Enoturismo de Pontevedra
A Casa de Galicia de Madrid acolleu a presentación do primeiro Salón de Enoturismo de España, que se celebrará en Pontevedra do 5 ao 8 de decembro. Ao momento interviñeron o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, a directora-Xerente de Turgalicia, Carmen Pita, Jaime Baeza, directivo da Asociación Española de Enoturismo e a xestora de Enotur, Cristina Saavedra.

Pita foi a encargada de explicar os obxectivos do Salón que Pontevedra acollerá o próximo mes e no que están confirmadas máis dun centenar de empresas relacionadas co sector: "Queremos que Galicia sexa referencia de enoturismo en España, por moitas razóns, entre elas, porque trátase dunha oferta que vai sempre ligada á calidade; porque é un turismo cun alto grao de fidelización e, ademais, permite un aproveitamento dos recursos durante todo o ano; sen esquecer que se trata dun tipo de turismo moi rendible", dixo.

Pita explicou aos asistentes que Galicia conta con cinco denominacións de orixe (Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras), xunto con outras subzonas cuns caldos moi apreciados. Xunto co viño, o salón convidará os participantes a gozar da gastronomía, así como da música, a arte ou a saúde.

Participantes

No Salón van a participar bodegueiros, operadores turísticos, museos, cidades e rutas do viño, aloxamentos especializados, centros de viñoterapia e fabricantes de produtos relacionados co viño para promocionar a cultura vitivinícola e que contará tamén coa participación de Portugal como país convidado.

Na organización do Salón colaboran a Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, co apoio da Deputación e o Concello de Pontevedra e a organización local da Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra. Tamén colaboran as adegas: Casalobos, Marqués de Riscal, Rubines Vinum, Raisin Dor ou Gran Bazán; as empresas de enoturismo e turismo gastronómico Entreviños, Rutas Meigas, Eventos de Cata ou Rutas de Viño, entre outros; centros de enoturismo como Novavila e A Cidade do Viño; ou xefes de cociña como Pepe Solla, de Casa Solla, ou Xosé Torres Cannas, de Pepe Vieira.

Propostas

Enotur é o primeiro evento realizado en España en torno á vertente turística do viño. Nel, o visitante poderá coñecer as últimas tendencias do sector, adquirir artigos de viñoterapia (como xeles, cremas ou velas), adentrarse nunha adega, visitar un museo do viño, descubrir máis de cincuenta cidades do viño de toda España e preto dunha vintena de rutas turísticas co viño como punto de referencia.

O deseño do salón xirará en torno a unha gran vinoteca cos mellores caldos de España e Portugal acompañado de produtos selectos a prezos populares de dous euros. Estará dirixida polo experto e recoñecido xefe de cociña de Casa Alfredo que elaborará unha cociña creativa con produtos da zona.

Dentro do salón, haberá unha xornada profesional de tarde-noite dirixida a operadores, axentes ou distribuidores, e que terá lugar o luns 7 entre as 20:30 e as 23:30 horas.

Así mesmo, celebrarase Viñoart, un espazo artístico no que o viño convértese no eixe de diferentes creacións fotográficas e escultóricas.

Diariamente, celebraranse seis catas gratuítas, amateur e abertas ao público en grupos de 20 persoas. Serán impartidas por un prestixioso enólogo local.

Enotur reunirá a oferta de Centros de Enoturismo de España, nos que todo está impregnado pola cultura do viño. O Salón conta cunhas cabinas que ofrecerán sesións de vinoterapia, como masaxes e outros tratamentos practicados con produtos elaborados a partir da uva de albariño.

Outro dos principais atractivos do salón será 'A hora de', na que cada día do salón desenvolverase unha actividade que fusionará o viño e outras disciplinas.

Ademais, Enotur acollerá un amplo programa de actividades paralelas, como o XIV Campionato Galego de Sumilleres e presentacións, así como a da nova Ruta do Viño do Camiño de Santiago.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >