|
Galiza é a autonomía con maior número de nenos con sobrepeso, cun 12% de afectados entre 1 e 10 anos |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
jueves, 26 de noviembre de 2009 |
 A investigación cifra nun 12% o número de menores que está por riba do peso normal En Galicia hai uns 88.000 nenos dun a dez anos que comen mal, mentres que a autonomía é a que que presenta maior número deles con sobrepeso, de acordo con estudio do Observatorio Infantil, que presentado en Santiago. A investigación cifra nun 12% o número de menores entre as referidas idades que está por riba do seu peso normal.
O doutor Antonio Zapata Barro, pediatra no Centro San José da Coruña, e Luis Tores, psicólogo infantil e coautor do libro 'Aprendendo a ensinar. Estratexias sinxelas para educar', abordarán este xoves as consecuencias do problema do neno malcomedor e achegarán medidas correctoras. De acordo cos autores do estudio, as familias españolas teñen problemas cos hábitos alimenticios dos seus fillos. O traballo en cuestión revela que un 47% dos nenos do país de entre un e dez anos é malcomedor, é dicir, que come pouca cantidade, pouca variedade ou ambas as dúas cousas a un tempo.
Trackback(0)
|