Advertisement
Puntogal
Unanimidade na Cámara para que se constitúa en Galicia a Axencia Estatal de Radiocomunicacións PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 25 de noviembre de 2009

O parlamento galego
O parlamento galego
Os tres grupos con representación parlamentaria--PP, PSOE e BNG-- aprobaron por unanimidade unha proposición non de lei presentada polo Partido Popular na que solicitaban ao Goberno central a constitución en Galicia da Axencia Estatal de Radiocomunicacións, ademais de reclamar as dotacións orzamentarias e patrimoniais necesarias para iso.

O deputado do PPdeG Pablo Cobián Fernández de la Fuente resaltou a capacidade que a devandita sede tería para evitar a fuga de talentos e "atraer" aos que están fóra, ademais de "situar a Galicia no mapa mundial das telecomunicacións".

"Galicia está preparada para acoller a axencia", defendeu, lembrando que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de telecomunciacións de Galicia engloba a máis dun milleiro de profesionais de alta cualificación e que a escola de Vigo conta cunha gran experiencia.

Doutra banda, os votos da maioría do PP impuxéronse para aprobar unha iniciativa propia de apoio ao pequeno comercio. A defensora da proposta, Cristina Fernández, criticou a xestión do bipartito e alertou da contracción do consumo que suporán as subas impositivas aprobadas polo Goberno central.

Desde o BNG, Fernando Blanco resaltou que a maior parte das medidas solicitadas xa as puxo en marcha o bipartito, polo que instou á súa continuación. Ante a falta de novidades, votaron en contra; mentres que o PSdeG absteuse ao entender que a iniciativa popular era "mediática e oportunista", e ante a negativa do PP a aceptar ningunha das emendas da oposición. "Non imos continuar coas súas políticas porque non hai nada que continuar", sentenciou Cristina Fernández.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior