Advertisement
Puntogal
O Xacobeo Galicia ficha ao sprinter Francisco José Pacheco PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 25 de noviembre de 2009

Francisco José Pacheco
Francisco José Pacheco
O Xacobeo Galicia ven de fichar ao sprinter Francisco José Pacheco. O ciclista de Valdepeñas (Cidade Real), de 27 anos, é a quinta incorporación para 2010. Coa contratación do corredor manchego, o Xacobeo Galicia cobre as esixencias da UCI en canto ao mínimo de corredores para os equipos profesionais continentais. Calquera outra novidade no capítulo de altas quedará a expensas do calendario e das opcións que ofreza o mercado.

Con Pacheco o Xacobeo Galicia quere presentar a súa aposta particular nas chegadas masivas, algo que lle faltou ao equipo que dirixe Álvaro Pino nas súas tres primeiras tempadas no pelotón internacional. O ciclista manchego suma once vitorias como profesional: 10 en 2008 e 1 en 2007, todas elas conseguidas nas filas do equipo continental portugués Barbot.

A boa actuación en 2008, con dúas das dez vitorias en etapas da Volta a Portugal, abriulle ao corredor manchego as portas do pelotón español, a través do Contentpolis-Ampo. Na formación murciana callou unha boa tempada, con moita presenza en chegadas, aínda que non conseguiría estrear o seu palmarés.

Tras esta incorporación, no seo do Xacobeo Galicia considérase que se conseguiu confeccionar para a nova tempada un bloque moi homoxéneo, ao manter aos homes craves do equipo: Ezequiel Mosquera, David García e Gustavo C. Veloso. Os tres tiñan contrato en vigor ata decembro de 2010.

A este trío sumáronse as renovacións de Gonzalo Rabuñal, Serafín Martínez, Delio Fernández, Gustavo Domínguez, Marcos García, Carlos Castaño, Alberto Fernández e Vladimir Isaychev. Un bloque no que predomina unha mocidade emerxente, cunha experiencia de tres anos nalgúns casos e unha calidade contrastada en xeral.

No capítulo de altas, ademais de Francisco José Pacheco, inclúense Gustavo Rodríguez, José Antonio de Segovia, Rodrigo García e Nelson Oliveira. Un quinteto que se considera que dará consistencia e achegará novos recursos deportivos á formación galega.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >